Un total de dez atletas, xuíces e adestradores, foron recoñecidos este 2025 pola Xunta de Galicia ca Distinción ao Mérito Deportivo Galego que cada ano concede o goberno autonómico. O acto para esta edición, será levado cabo o vindeiro 29 de marzo en Ourense.
Estas distincións foron creadas en 2010 e son concedidas anualmente logo de proposta motivada do xurado cualificador, en recoñecemento do labor ou traxectoria, notoria e exemplar no ámbito deportivo de Galicia, ás persoas físicas ou xurídicas, entidades ou organismos, que estean contribuíndo, ou contribuísen ao crecemento, promoción, fomento e excelencia do deporte e da educación física da comunidade autónoma de Galicia.
Este ano, as persoas recoñecidas relacionadas co atletismo foron:
As atletas olímpicas Alessandra Aguilar e Vanessa Veiga; os atletas internacionais Alejandro Fernández e Saleta Fernández; as atletas/adestradores Ana Ferradás e José María Royo; a proba atlética de a Milla urbana de O Barco; os ex-directores do CGTD Xulio Ventín e Carmela Torres a xuíza olímpica Dolores Rojas.
Na relación destaca a presenza de Dolores Rojas con catro participacións nos xogos olímpicos e que recentemente recibía o recoñecemento da Deputación da Coruña a súa traxectoria deportiva. Alessandra Aguilar con dous Xogos e Vanessa Veiga con un, son tamén algunhas das olímpicas premiadas co Mérito Deportivo Galego.