Novo fin de semana de intenso atletismo o vivido nas pistas cubertas de Expourense nas que os campionatos galegos de combinadas Sub16 e Sub18 así como o Sub23 centraron a axenda autonómica
As 10:00 horas do sábado arrincaba a disputa do autonómico de probas combinadas nas que preto de medio cento de atletas dábanse cita
A nivel de resultados, os títulos galegos Sub18 foron parar a Nuno Castro do Millaraio quen sumaba un total de 4.294 puntos cos triunfo parciais en 60 m., 60 valos e 1000 m. e para Carla Allegue do Xuncas Diversia que cedía tan só na proba dos 1.000 m. logrando unha suma total de 3.189 p.
Os resultados da categoría Sub16 foron sen dúbida o máis salientado do campionato. O atleta do Celta Atletismo Joel Santana protagonizaba a nova da xornada ao lograr un novo récord galego Sub16 cun total de 4.046 puntos que o sitúan ademáis como líder de España da súa categoría.
Nas mulleres, rexistro de igual modo importante o logrado pola céltica Olivia Gutiérrez que colleitaba os triunfos parciais nas proba de 60 valos, lonxitude e 600 m. que a levaban á unha suma total de 3382 p.
Campionato Xunta de Galicia Sub23
Xa o domingo de tarde, e cas combinadas rematadas, o protagonismo foi para os Sub23.
O máis salientable a nivel de rexistros foron os acadados nas probas de velocidade masculinas por parte de Antón Rivero do At. Santiago nos 60 m. con 6.98, Erik Fernández do Super Amara nos 200 m. con 22.13 e David Vaamonde do Marineda At. sobre os 400 m. con 49.48.
O internacional do Marineda Atlético e plusmarquista galego absoluto de aire libre Hugo Vázquez volvía baixar amplamente dos oito segundos sobre os 60 valos con 7.94 que o sitúan de terceiro no ranking Sub23 de España indoor.
Nos concursos, boa actuación de Fernando Vallines do At. Portugalete quen comeza a tempada con bos resultados. Este fin de semana lanzaba no seu quinto intento ata os 15.80 m,. que ademáis de darlle o título galego Sub23, sitúanno nos postos top3 no ranking de España.
En mulleres salientar os títulos colleitados por Ainara Rodríguez da Gimnástica de Pontevedra, sobre as probas de 400 m., 800 m., e 1500 m. así como de África Gómez do Ourense Atletismo que facía o propio, cos 60 m. e 200 m.