MEETING INTERNACIONAL DE OURENSE – RESULTADOS EN DIRECTO

A San Martiño quita músculo

A atleta olímpica Ester Navarrete cun crono de 34:34 e Workneh Fikire con 30:24 foron os gañadores absolutos da 47 Carreira Popular da San Martiño organizada polo Concello de Ourense e desenvolta este pasado domingo baixo unha participación récord de preto de 10.000 atletas.

A carreira máis importante do calendario autonómico pedestre discurríu este ano baixo unha persistente choiva que acompañou a todos os participantes o longo dun novo percorrido homologado.

Momentos antes da saída, agardábase un minuto de silenzo polas víctimas de Valencia e xa na entrega de premiacións, fíxose unha mención especial a Alejandro Fernández, atleta internacional e gañador en seis ocasións da San Martiño,  quen anunciaba a súa retirada da alta competición.

As gañadoras e gañadores por categorías foron os seguintes:

  • Absoluta Ester Navarrete (indep.) e Workneh Fikire (At. Narón)
  • Senior. Esteban Iglesia (Lucus CRG) e Ester Navarrete
  • Sub23: Lucía Outeiriño (Purísima) e Yago Ignacio García (At. Santiago)
  • Sub20: Anxela Seoane (Ourense At.) e Carlos Bautista (At. Porriño)
  • Sub18: Naroa Pereira (Ourense At.) e Daniel Maneiro (At. Pino)
  • Sub16: Paula Rocha (Trega) e Alejandro Santos (Trega)
  • Sub14. Alba Vasconcellos (Trega) e Jeyden Silva (Nat. Ribeira)
  • Máster 35. Marta Fernández (Comesaña S.C) e Workneh Fikire (At. Narón)
  • Máster40. Begoña Domínguez (Ourense At.) e  e David Fernández
  • Máster45. Ana Soutullo (Ourense At.) e Felipe Ventosela
  • Máster50. Ana Belén González e Juan Gude (Lucus CRG)
  • Máster 55. Nuria Pastor (Lugo Running) e Manuel Rodríguez
  • Máster60. Mari Luz Casal e José Suárez (SD Compostela)
  • Máster65. Mari Carmen Rodríguez e Ramiro Pérez (At.Sar)

Foto La Región

 

Compartir: