Desenvolto no IFEVI unha xornada do Programa Nacional de Tecnificación Deportiva

No día de hoxe tivo lugar  no IFEVI de Vigo o desenvolvemento da xornada de formación técnica de especialización de seguimento de salto de altura correspondente ao Programa Nacional de Tecnificación Deportiva (PNTD), organización pola RFEA e FGA e baixo a colaboración da Xunta de Galicia.

Na mesma, Iván Sanmartín daba a benvida a primeira hora aos asistentes a esta xornada así como ao encargado de dirixila, o ex-olímpico e agora adestrador nacional, Gustavo Adolfo Bécker que ao longo de todo o día estivo intercalando tanto actividades teóricas como prácticas ante os máis de 15 asistentes.

A esta xornada estiveron convidados a tomar parte tanto adestradores como atletas das categorías Sub16 e Sub18.

Compartir: