Resultados

María Martínez e Moncho Muiños, domiñaron a maraton do Trail Running

Excelente xornada a vivida no Concello de Muras onde se disputou o Campionato Xunta de Galicia de Trail Running Maratón con triunfos para ‘Moncho’ Muiños (C.A. Sada) e María Martínez (Atletismo Porriño).

A proba, que se desenvolveu por zonas de turbeira na Serra do Xistral sorprendeu a moitos dos participantes pola súa singularidade e esixencia. Xunto aos campións galegos estiveron na zona de podio Mª Rosario Figueroa (Atl. Samertolameu) e Diego Míguez (Independente) como subcampións así como Belén Riádigos (Independente) e Marcos Pascual (Biosbardo) ocupando o terceiro posto.

No que atinxe ao Trail das Bestas, que congregou a case 400 atletas tamén foi moi disputado  en parte razas ao seu carácter puntuable nas distancias Classic 27K e Preclassic 12K

Precisamente os triunfos na categoría Classic 27K corresponderon a Tamara García (Biosbardo) e Adrián Mosteiro (Toxos e Birras) estando acompañados no podio por Kenia Estrada (Biosbardo) e Emilio Montilla (Biosbardo) e por Patricia Sáez (Ortegal) e Rupo Reguera (Atletismo Pravia)

Por último na distancia Preclassic 12k, victorias para Claudia Fernández (Independente) e Gustavo González (GTR). Xunto eles nos postos de honra estiveron Julia Salvado (SD.Compostela) e Brais García (Atletismo Ribadeo) no segundo posto e Estefanía Muras (Corredores do Inferno) e José Manuel Díaz (AD Rego do lobo) como terceiros cladificados.

Resultados Campionato Xunta de Galicia de TR Maraton

Resultados Trail das Bestas

Foto.  Trail das Bestas

Compartir: