A emoción o entusiasmo e a igualdade protagonizaron as grandes citas da fin de semana

Protagonismo para os clubs nunha fin de semana na que os puntos de atención estiveron postos en A Coruña, Lugo e Pereiro de Aguiar

Nas pistas da UDC da Coruña estívose disputando na xornada do sábado, o Campionato de Clubs Sub16 na que resultaron gañadores o Atletismo Narón na categoría feminina e a Sociedad Gimnástica na masculina. Xunto aos gañadores, o Atletismo Sada e Atletismo Celta copaban o resto de postos de podio.

A nivel individual salientamos o récord galego Sub16 logrado polo atleta da Gimnástica Guillermo Piñeiro quen sobre a proba dos 100 valos e cun crono de 13.96 xubilaba a anterior plusmarca de 14.01que databa do ano 1989.

Xa no domingo, ambientazo nas pistas do Gregorio Pérez Rivera de Lugo que recibían a un total de catorce equipos na disputa do Campionato autonómico de clubs Sub20. Neste encontro resultaron vencedores os conxuntos de Ourense Atletismo en mulleres e Sociedad Gimnástica en homes.  Atletismo Narón, Lucus Caixa Rural -por partida dobre- e Riazor Coruña, sumáronse á festa final.

Por último o Atletismo Sada lograba no día de onte nas pistas de Pereiro de Aguiar os títulos en homes e mulleres correspondentes a sexta edición da Copa de Clubs máster.

Os equipos sadenses venceron con solvencia un encontro no que estiveron acompañados en ambas categorías polo Samertolameu como segundo clasificado, completando La Purísima en mulleres e Marineda en homes o resto de zonas premiables.

Compartir: