Os lanzamentos longos deixaron bos rexistros en Vigo

As pistas de Balaídos recibían durante este sábado e domingo a disputa dos campionatos Xunta de Galicia de lanzamentos longos que xuntaron aos mellores especialistas das categorías Sub16, Sub18 e Sub20.

Durante a actuación dos mesmos cabe salientar novamente o concurso de disco Sub16 realizado por Hugo Casañas do Rías Baixas quen no terceiro lanzamento chegaba aos 63.81 m.  situandoo de líder destacado do ranking nacional da modalidade. De igual modo non foi menos salientable os 36.71 m. de Irene Conde do Atletismo Sada quen sobre o mesmo concurso pasaba a encabezar o ranking nacional da súa categoría.

A lanzadora Sub18 do Rías Baixas Aixa Corbacho en martelo, sumábase a esta lista de líderes estatais logo de lanzar ata os 61.16 m.

No martelo Sub16 postos top de ranking nacional para Javier Cid do Ourense Atletismo ao lograr no seu quinto lanzamento unha marca de 52.19 m.

No resto de actuacións cabe salientar os rexistros logrados polas atletas Sub16 Lydia Valdés do At. Sada en martelo con 38.93 m. e Manuel Eirín do Ourense Atletismo en xavelina con 41.

Xa na categoría Sub18, Gema Dacosta do Vila de Cangas con 34.47 m. e Eloy Acuña da Gimnástica con 40.01 m. foron os máis destacados en disco ao igual que Anxo Filgueira do Rías Baixas en martelo con 50.48 m. Pola súa banda Lara Iglesias do Barbanza en xavelina lanzaba ata os 47.99 m. que a sitúan na segunda posición do ranking nacional nun concurso no que o tamén barbanzán Enzo López  facía un bo concurso con 53.26 m.

Por último na categoría Sub20 destacamos no concurso de disco os 45.28 m. de Bran Núñez do Celta, e os 51.55 m. de Hugo Fernández do Ourense Atletismo en martelo.

Resultados Sub16

Resultados Sub18 e Sub20

Compartir: