A FGA organiza unha xornada técnica de Trail Running

Continúan desenvolvéndose as distintas xornadas técnicas correspondentes a este 2023.

En concreto o vindeiro día 25 de setembro no Concello de Porriño, a Federación Galega de Atletismo a proposta do Comite Técnico, organiza unha  xornada técnica de Trail Running (TR) que terá lugar as 19:00 horas nas inmediacións do campo de Roupeiro.

A actividade dirixida polo responsable técnico de TR da FGA Iván Sangiao, márcase como obxectivo abordar algúns contidos básicos desta modalidade baixo un prisma de convivencia, aprendizaxe e divertimento na que se poidan ao mesmo tempo, poñer en práctica as distintas ferramentas metodolóxicas e didácticas para os propios adestramentos do TR, tendo en conta as particularidades do monte.

A xornada, organizada para adestradores e atletas maiores de idade con licenza en vigor, centrará a súa parte máis específica no traballo de técnicas tanto en subida, baixada como en horizontal completándose todo elo con distintos xogos enfocados a adultos e a menores.

Todos aqueles e aquelas interesadas deberán levar calzado, roupa e hidratación precisa e confirmar a súa asistencia como data límite o sábado 23

Desde a propia Federación, destácase a importancia da celebración destas tipo de concentracións cuxa continuidade seguirá levándose a cabo como obxectivo preferente, durante todo o 2024.

 

 

Compartir: