Resultados

O CGX prepara un novo Congreso Técnico para finais de ano

A formación, a capacitación e a actualización constitúen algúns dos eixos fundamentais que o Comité Galego de Xuices está implementando nos últimos tempos a través de diversas inciativas e actividades. Por todo elo, o citado CGX, acába de facer público a celebración dunha nova edición do seu Congreso Técnico de Xuíces de Atletismo para o vindeiro día 25 de novembro en sede ainda por determinar.

Traballo organizativo

Desde fai semanas, se leva traballando na organización do citado congreso, para o que xa se anuncia a participación de xuices de rango nacional e internacional así como a preseza de convidados destacados que poidan aportar contido a esta cita formativa.

Malia faltar practicamente sete meses para a celebración do mesmo, en breve abriranse as inscricións ca  posibilidade de poder inscribirse todos aquelos xuices sen licenza FGA.

Compartir: