Resultados

Galicia regresa con catro medallas do nacional de Ruta

Un total dous ouros, dous bronces e nove postos de finalista, foi o balance xeral da actuación galega no Campionato de España de Ruta que se levou a cabo durante esta fin de semana en Santander.

A primeira das medallas de ouro foi para o atleta do Samertolameu Pablo Fervenza, quen na categoría máster 70 lograba o triunfo na proba de media maratón cun rexistro oficial de 1h.33:57. O segundo dos ouros recaeu a nivel colectivo no equipo masculino do ADAS CUPA cuxos integrantes Israel Ropero, Daniel Bargiela, Ricardo Vázquez (f), Alejandro Pesado, José Manuel Fernández, José Carlos Ferreira e José Manuel García lograban entrar na primeira posición na categoría de clubs máster M45-54 cun rexistro de 3h.35:13.

Os dous bronces restantes foron parar ás mans de Rubén Díz do Ourense Atletismo na categoría M40 cun crono de 1h:08.43 e para o equipo feminino do ADAS CUPA formado por Esther Rodríguez, Iria Fernández, Raquel Miro, Elena Ledo e Concepción Prada, na categoría máster F35-44.

De igual modo, compre salientar os excelentes resultados absolutos logrados por Hugo García do Real Celta quen dobrando distancia, acadaba a cuarta posición na proba de Milla con 4:21.68 e o sexto lugar nos 5K con 14:27.

A maiores tamén lograron postos de finalistas as atletas, Soledad Castro do Comesaña, 4ª na media maratón F55 con 1h.31:29; José Angel Pita como independente, 4º na media maratón M65 con 1h.30:36;  Laura Santos do Playas de Castellón, 5ª nos 5K con 16:33;  ; Iria Fernández do ADAS CUPA, 6ª na media maratón F40 con 1h.25:27; Julia Vaquero do S.D Compostela, 6ª na media maratón con 1h.34:24; José Manuel Fernández  do ADAS CUPA, 6º na media maratón M50 con 1h.13:53 e Daniel Bargiela do ADAS CUPA, 8º na media maratón M45 con 1h.11:43;

 

Compartir: