IX Circuito de Carreiras Deputación da Coruña

O pasado día 29 de abril celebrouse no Concello de Ponteceso a disputa da carreira popular Faro Roncudo que abría ao mesmo tempo, a primeira das trinta e cinco carreiras que forman o IX Circuito de Carreiras Populares da Deputación da Coruña para este ano 2023.

Novamente a Deputación da Coruña a través deste importante circuito, amosa o seu compromiso e apoio co atletismo provincial e por extensión co galego, nunha clara aposta polo emprego do deporte como un importante elemento de vertebración e de visibilización territorial do país.

Sobre este aspecto cabe sinalar a distribución das sedes que se ubican por toda a provincia e que se distrubuen tanto por concellos de interior como de costa, alternando os grandes núcleos poboacionais como Ferrol, Ames ou Carballo, cos de menos densidade como poden ser Corcubión, Sobrado dos Monxes ou Frades por citar algúns.

Precuisamente este circuito-2023 percorrerá os Concellos de Ames, Ares, As Zomozas, Boiro, Brión,  Cabana de Bergantiños, Cambre, Carballo, Cee, Corcubión, Corinstanco, Culleredo, Dodro, Dumbría, Ferrol, Fisterra, Frades, Laracha, Laxe, Mazaricos, Mesía, Muxía, Negreira, Noia, O Pino, Ordes, Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Ponteceso, Rianxo, Ribeira, Sada, Sobrado dos Monxes e Zas, dando remate o 31 de decembro ca San Silvestre de Neda.

Entrega dos premios da edición 2022

Noutro orde de cousas, en breve terá lugar a entrega das premiacións correspondentes ao Circuito de Carreiras Populares da Deputación da Coruña do ano pasado, e que publicaremos máis adiante.

Lembramos que novamente Rocío Alvite do Atletismo Sar na categoría femenina, e Amador Pena do SD Compostela na masculina, foron os gañadores absolutos dun circuito no que se levan impoñendo con moita autoridade por quinta edición consecutiva.

Gañadoras e gañadores de cada unha das categorías:

  • Absoluta. Rocío Alvite (C.A.Sar) e Amador Pena (SD Compostela)
  • Sub23. Aida Slater e El Mehdi El Nabaoui (Oriente At.)
  • Sub20. Branca Fernández (S.M.Marín) e Hugo García (R.C.Celta)
  • Sub18. Iria García (Triki Team) e Yago Iglesias (SD Compostela)
  • Sub16. Eva Fomoso (Triki Team) e Iván López (C.A.Narón)
  • Sub14. Tania López (C.A.Narón) e Xabi Camba (Coruña Comarca)
  • Sub12. Lucía Ageitos (C.N.Riveira) e Jeyden Silva (Natación Ribeira)
  • Sub10. Chanel Penas (At. A Silva) e Xoel Lires (A.D. Olimpia)
  • Máster1. Silvia García (Artrogal) e Jorge Rodríguez ( A.D.Olimya)
  • Máster2 Amador Pena (SD Compostela) e Rocío Alvite (C.A.Sar)
  • Máster3. Mada García (C.A.Outes) e José Suárez (C.A.Sar)
  • Máster4. Elvira Tresguerras (C.A.Sar) e Ramón Barreiro (C.A.Outes)
  • Por clubs adultos. Clube Atletismo Sar en homes e  mulleres
  • Por clubs Menores: C.A.Noia (mulleres) e Natación Ribeira (homes)

Resto de clasificacion xeral

 

Compartir: