Resultados

O Campionato Xunta de Galicia de Clubs tivo cor celeste

O Real Club Celta  en ambas categorías foi o claro domiñador do Campionato Xunta de Galicia de clubs desenvolto no día de onte na pistas Universitarias de Santiago.

Baixo unha xornada marcada pola choiva e o vento, as pistas santiaguesas volvían recibir un campionato de Galicia despois de moitos anos sen actividade oficial.  Para elo, un total de dazaseis equipos acudiron á capital galega na disputa deste encontro programado en dobre xornada, no que se presenciaron boas actuacións por parte dos participantes.

Emoción e incertidume

Como era de agardar a emoción foi a tónica imperante, xa que si o Celta desde as primeiras probas amosaba unha clara superioriodade, foron os postos de podio restantes os que contaron cunha maior incertidume e rivalidade. Tanto na categoría masculina como na femenina, habería que agardar ata as últimas probas para determinar os postos finais que recaeron finalmente en ambas categorías no gañador do ano pasado, a Gimnástica de Pontevedra, a quen acompañaron o Ourense Atletismo en mulleres e Atletismo Santiago en homes.

Con este dobre triunfo, o Celta suma o seu  noveno título na categoría femenina e o seu décimo cuarto na categoría masculina, freando ademáis a racha de tres anos sucesivos de triunfos masculinos pontevedreses. Nas mulleres, segue sendo o Ría Ferrol  (cuarto clasificado no día de onte) quen suma un maior número de victorias no historial do campionato con catorce títulos.

Os triunfos celestes masculinos corresponderon a Javier García nos 100 m; Alberto Pérez nos 800 m; Iago Núñez nos 400 valos; Raúl Cortizo na lonxitude; Miguel Angel Granado no peso; Marcos Bouza no disco; Yago Araujo no martelo e os relevos dos 4×100

No tocante á categoría femenina as célticas lograron os triunfos parciais de Ainhoa Repáraz nos 100 m.; Andrea Pais  nos 200 m.; Celia Castro nos 800 m; Alba Domínguez nos 400 valos; Raquel Villa no peso e o equipo de  relevistas do 4×400 m.

Presencias destacadas

Salientar a presenza da bimedallista paralímpica Adi Iglesias do Lucus Caixa Rural quen lograba a segunda posición nos 100 m. con 12.13 nunha proba gañada pola internacional Ainhoa Repáraz con 12.09. Tamén estiveron competindo na proba de marcha tanto Carmen Escaríz como Aldara Meilán quenes lembremos están seleccionadas para tomar parte con España na Copa de Europa de marcha que se desenvolverá o vindeiro día 21 de maio na República Checa.

Ademáis delo lográronse tres récords de Galicia na categoría máster a cargo de Tania Valverde do ADAS CUPA no salto de lonxitude F35 con 5.19 m.; Cristina Estévez do Femenino Celta nos 3.000 obstáculos F45 con 13.05.47 e de Manuel Polo do Atletismo Narón na proba dos 5.000 marcha M50 con 24:54.94.

Clasificación da categoría femenina

  • 1º Atletismo Femenino Celta, 138 puntos.
  • 2º Sociedad Gimnástica, 110 p.
  • 3º Ourense Atletismo, 108 p.
  • 4º RIA Ferrol, 96 p.
  • 5ª ADAS CUPA, 82 p.
  • 6ª Atletismo Santiago, 70 p.
  • 7º Lucus Caixa Rural Galega, 64 p.
  • 8º Club Atletismo Sada, 59 p.

Clasificación da categoría masculina

  • 1º Real Club Celta, 141 puntos
  • 2º Sociedad Gimnástica, 119 p.
  • 3ª Atletismo Santiago, 115 p.
  • 4º Lucus Caixa Rural Galega, 109 p.
  • 5º Ourense Atletismo, 76 p.
  • 6º Club Atletismo Sada, 66 p.
  • 7º Marineda Atlético, 61 p.
  • 8º Atletismo Narón, 41 p.

Compartir: