O deporte ten un forte peso no calendario de actividades da Pobra do Caramiñal neste mes de abril. Un ano máis, o Concello, a Federación Galega de Atletismo e a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza organizarán o Trail Serra do Barbanza, que será á súa vez a X Carreira de Montaña Concello da Pobra do Caramiñal e VIII Campionato de Galicia Absoluto e das categorías sub-20, sub-23 e máster de Trail 2023.
Así o deron a coñecer no miradoiro de Valle-Inclán a concelleira dos Deportes, Genoveva Hermo; o presidente da FGA, Iván Sanmartín; e o presidente da Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza, José Moure.
Agárdase que a participación supere os 250 deportistas que se darán cita no 9 de abril, ás 10.00 horas, na serra do Barbanza co miradoiro da Curotiña como lugar de saída e meta. O trail curto consta dunha distancia de 14 quilómetros, mentres que o traxecto ascende aos 25 quilómetros para o propio Trail-Campionato de Galicia. Haberá, ademais, tres puntos de avituallamento no primeiro e catro no segundo.
De este campionato sairá a composición da Selección Galega que tome parte no Campionato de España da modalidade que este ano será o día 7 de maio na localidade navarra de Lerín
Novo responsable do sector de Trail Running
Precismente tomaba posesión esta semana o novo responsable do sector de Trail Running Iván Sangiao quen será o encargado de dar un novo pulo a esta modalidade que conta cada vez con máis demanda e aceptación entre o noso deporte.
Entre os seus cometidos estará o de promover e impulsar esta disciplina entre o noso tecido atlético, así como a de colaborar ca Direción Técnica sobre a confección das distintas estratexias de tecnificación e competición da modalidade.