Campionato Xunta de Galicia Sub16
Intensa actividade a vivida esta fin de semana na pista cuberta de Expourense e nas rúas de Compostela onde puidemos disfrutar de tres campionatos en pista e un en ruta.
O primeiro deles correspondeu ao Campionato Xunta de Galicia Sub16 de pista cuberta desenvolto en Expourense no que se lograron un total de tres novos récords galegos e un importante número de marcas personais.
A primeira das plusmarcas galegas foi protagonizado polo atleta do ADAS CUPA Aaron Pérez nas semifinais dos 60 m. ao rematar cun rexistro de 7.19 que reportaban o primeiro récord galego do campionato. Este mesmo atleta, que deixaba moi boas sensacións, lograba o título tanto na final dos 60 m. como na do triplo con 12.23 m.
Outra das probas interesantes foron os 600 m. na que tomaba parte o atleta do Marineda Atlético Javier Galcerán. O coruñés conseguía o título autonómico estabrecendo un crono oficial 1:22.85 que supoñén ademiás un novo tope galego . De igual modo tamén resultaron moi salientables os nada menos que 2:34.59 que sobre os 1.000 m. realizou o campión galego de campo a Través XOGADE Alex Sierpes do Trega, e que sumaba o terceiro dos récords galegos batidos nesta edición.
No resto de actuación, bos rexistros nas probas de velocidade de Paula Conde do Ribadeo sobre os 60 m. con 8.02 e de Julia Fernández do Maderas Barcia L.C. nos 300 m. con 42.63. Na categoría masculina, foi Sebastián Bascoy do Coruña Comarca quen lograba o título autonómico sobre esta última proba con 37.08.
Sabela Castelo do San Miguel de Marín pola súa banda, efectuaba unha boa carreira de 3.000 m. rematando en solitario con 9:46.56. ao igual que bo foi tamén o concurso de pértega protagonizado por David Moreno do Millaraio con 2.80 m. No sector de lanzamentos nova exhibición de Hugo Casañas do Rías Baixas no círculo de peso lanzando ata as portas do récord galego con 15.62 m.
Por último María Estévez do Ames Atleismo nos 600 m. con 1.40:21; Sabela Martínez da Gimnática nos 1.000 m. con 2:56.28; Helena Bello do Vila de Cangas en pértega con 2.71 m.; Iria Solera de La Purísima en triplo con 11.83 m. e Antía Otero do Atletismo Narón en peso con 11.65 m. foron otras das campioas galegas que lograban mellorar os rexistros do ano a nivel autonómico.
Campionato Xunta de Galicia 3.000 marcha en pista cuberta máster
A xornada do domingo daba comezo a primeira hora da mañá ca disputa do campionato Xunta de Galicia dos 3.000 marcha na que o máis salientable foi o novo récord galego logrado por Manuel Polo Gundín na categoría M50 cun rexistro de 14:25.58.
Os novos campións e campioas galegas foron:
- Máster 35: Carlos Morales (At. Ourense) con 15:58.70
- Máster 40: Juan Manuel Morales (Marineda At.) con 12:12.20
- Master 45: Emilia Rodriguez (C.A. Sada) con 16:04.39
- Máster 50. Mª Soledad Pousa (Ourense At.) con 18:12.89 e Manuel Polo (A.Narón) 14:25.58 (RG)
- Máster 55. Victoria Herrera (CAI Estrada) con 19:21.56
V Copa de Clubs Máster
Logo do remate do campionato de marcha máster arrincaba unha nova edición da V Copa de clubs da mesma categoría que como era de agardar se mantuvo moi igualado entre as formacións do Atletismo Sada cuxo conxunto feminino viña de lograr unha boa quinta posición no nacional de clubs recentemente, e a formación do Samertolameu con moitos e importantes reforzos para esta nova tempada.
Ao remate, reparto de títulos con triunfo na categoría masculina para o ¨Samer¨, seguidos de Sada e Narón correspondendo o título na femenina para as sadenses, acompañadas no podio de Samertolameu e Atlética A Silva.
Cabe salientar que estas clasificación atópanse en estado de revisión á hora de elaborar esta crónica.
Campionato Xunta de Galicia de 5K 2022
Po último na capital galega levouse a cabo o sábado a disputa da edición 2022 correspondente ao Campionato de Galicia dos 5K que fora aprazado a finais do ano pasado polas inclemencias meteorolóxicas.
Neste edición resultaron gañadores Tina Férnandez do Atletismo Sar cun tempo oficial de 18:06 e Yago Ignacio García do Atletismo Santiago con 16:02. Xunto aos mesmos ocuparon postos de podio Silvia García do Atletismo Sar e Carolina Santos do Ría Ferrol na categoría femenina así como Victor Xosé González do Comesaña S.C. e Juan Carlos Mosquera do Atletismo Sar na masculina.