Resultados en directo /// Recordatorio: no relativo á tramitación de licenzas enviar correo-e a xestion@atletismo.gal

Novo período de entendemento e colaboración entre Federación e Concello de Vigo

No día de hoxe tivo lugar nas dependencias municipais unha importante  xuntanza institucional entre o alcalde do Concello de Vigo Abel Caballero e o Presidente da Federación Galega de Atletismo Iván Sanmartín .

Este encontro, enmarcado na rolda de contactos que Sanmartín emprenderá entre os principais concellos galegos, serviu para marcar e dar comezo unha nova etapa de colaboración e entendemento entre as dúas institucións que con este acto, dan por superadas as discrepancias e distanciamentos que as viñan acompañando nos últimos anos.

Precisamente para o presidente da Federación o encontro do día de hoxe supuxo ¨un avance importante e significativo que valoro moi positivamente¨ salientando ademáis que ¨malia ser a primeira xuntanza que mantivemos, quixera destacar o entendemento e gran predisposición que por ambas partes existe á hora de darlle solución a todos aqueles aspectos que afectan ao noso deporte. Como consecuencia de todo elo,  acordamos retomar o atletismo na cidade da man da federación e devolverlle a importancia e protagonismo que por historia e capacidade lle corresponde¨

Outro dos puntos que estiveron sobre a mesa foi o das infraestructuras que afectan ao tecido atlético da cidade. Sobre este asunto, Abel Caballero expuxo os distintos proxectos que nesta materia se teñen pensado levar a cabo e dos que informará este mércores aos clubs da cidade.

Compartir: