A Copa decídese en Expourense

Unha nova edición da sempre emocionante XVIII Copa de Clubs de pista cuberta terá lugar mañán en Expourense a partir das 16.00 horas.

A esta cita acuden os oito mellores equipos galegos de cada categoría ca intención de inscribir o seu nome neste importante palmarés reservado ata o momento a tan só cinco entidades

Sociedad Gimnástica en homes e A.Feminino Celta en mulleres, os favoritos

A Sociedad Gimnástica de Pontevedra intentará revalidar e ampliar a súa gran racha de triunfos ininterrumpidos dos últimos nove anos na categoría masculina, que fan da entidade pontevedresa a máis laureada deste evento con catorce títulos. Entre os seus obxectivos estará o lograr o título en ambas categorías malia que para elo terá nos equipos do Celta a dous serios opoñentes que de igual modo aspiran a revalidar o título na categoría feminina. Será precisamente nesta categoría, na que se agarde unha maior emoción como a producida na edición pasada na que tan só dous puntos separou a ambas entidades.

No resto de formacións o Atletismo Santiago xunto a Ourense Atletismo e Atletismo Narón, parten a priori como candidatos aos postos de podio, sen esquecer aos conxuntos do Atletismo Sada, Lucus Caixa Rural, ADAS-Cupa e Marineda Atlético.

Banco de probas

Con esta cita comeza a posta a punto dos clubs galegos de cara aos seus inminentes compromisos ligueiros, sendo tamén unha excelente oportunidade para presenciar ás novas fichaxes do presente ano.

 

Compartir: