Surne será para este ano, a nova asegurada da actividade dos XOGADE encargada de cubrir as lesións producidas desde o 29 de decembro de 2022.
¿Cómo proceder en caso de accidente deportivo?
No caso de precisar asistencia médica derivada dun accidente deportivo, en función do nivel de urxencia procederase do seguinte xeito:
– Urxencia vital (aquela que implica risco de morte ou secuela funcional grave para o doente en caso de non recibir atención médica inmediata):
Acudir ao servizo de Urxencia máis próximo e comunicar o sinistro nun prazo de 24 horas.
– Urxencia non vital:
1. Comunicación de accidente:
Deberán comunicar o accidente antes de acudir a ningún centro por unha destas dúas vías:
a. Teléfono de asistencia: 881 850 087 – Tras facilitar á Xestora Médica os datos do lesionado e circunstancias do accidente, indicaraselle o centro médico ao que acudir para recibir a primeira atención médica.
b. Vía telemática a través da plataforma: https://partesxogade.es tras a recepción da comunicación de sinistro, recibirá unha confirmación de apertura. Un tramitador de Gerosalud contactará telefonicamente á maior brevidade para indicárlle o centro médico ao que acudir.
2. Continuidade asistencial:
Tras a primeira asistencia será necesario cumprir os seguintes requisitos:
1. Que a entidade que inscribiu ao deportista certifique o accidente na plataforma de Xogade (https://inscricion-xogade.xunta.gal). O prazo para dito trámite é de 7 días.
2. Que os titores legais autoricen a xestión de datos do menor a través dunha mensaxe que recibirán no seu teléfono móbil.
3. Que se envíen os informes médicos nos que conste a prescripción de tratamento, rehabilitación, probas diagnósticas, cirurxía/ingreso hospitalario, etc. O lesionado ten á súa disposición o correo xogade@gerosalud.es e o portal https://partesxogade.es
Calquera acto médico, a excepción da urxencia vital, deberá contar coa autorización previa e deberá realizarse nos centros adheridos ao cadro médico.
A práctica deportiva en situación de baixa médica, será motivo de interrupción do proceso asistencial.