Lugo foi unha gran festa do atletismo base galego

Que gran xornada atlética a que se poido disfrutar este domingo nas pistas lucenses do Gregorio Perez Rivera durante a disputa do Campionato Xunta de Galicia Sub10-Sub12 e Sub14.

Cunhas bancadas cheas a rebordar de público e unhas pistas repletas de nenos e nenas participantes, daba comezo esta festa atlética en dobre xornada na que os máis madrugadores foron os Sub10 e os Sub12 quenes cedían, xa de tarde, o protagonismo aos Sub14.

A  nivel xeral e por encima de rexistros e resultados, compre salientar as grandes actuacións e o excelente comportamento de todas e todos cantos tomaron parte nesta importante cita do atletismo base que xuntou a máis de mil duascentas persoas entre atletas e público asistente.

Durante o desenvolvemento do campionato poidéronse ver sobre as pistas innumerables mostras de deportividade e competitividade que foron en todo momento aplaudidas e apoiadas por un público entregado que disfrutou desta gran xornada.

Experiencia e apredizaxe

Para o presidente da Federación Galega Isidoro Hornillos, ¨Esta é sen dúbida a máis fermosa e importante proba de todas cantas acontecen no calendario oficial. Máis alá dos resultados e medallas, pretendemos que sexa unha gran festa do deporte base do atletismo galego na que rapaces e rapazas sumen experiencias e aprendizaxes que lles motive a seguir practicando o noso deporte. Aproveito para felicitar aos familiares dos participantes que están hoxe aquí animando e enchendo as bancadas así como aos clubs e adestradores, pezas básicas e fundamentais na formación e preparación destes nenos e nenas que se convertirán no día de mañán tanto no futuro do noso deporte como na da nosa Sociedade.

Compartir: