Resultados

O nacional de 10K. en O Barco e o G.P. Cantones, importantes citas de Ruta

Logo do remate da tempada de campo a través e pista cuberta son as citas de aire libre, trail e ruta quenes pasan a ocupar o protagonismo máis inmediato no calendario nacional.

Centrándonos nos eventos en ruta, contaremos esta tempada con catro importantes citas que organizaremos na nosa comunidade e que están incluidas no calendario nacional

Campionato de España de 10K. Ruta Absoluto e máster

O Concello de O Barco de Valdeorras, organizará o vindeiro 08 de maio este importante campionato na que se agarda a presenza das máis destacadas e destacados especialistas do momento a nivel nacional.

Con esta edición O Barco consolidade como un dos puntos máis importantes a nivel organizativos deste tipo de probas logo de que no ano 2012 organizara de maneira moi exitosa o nacional de milla en ruta quen sería gañado precisamente na categoria absoluta masculina polo galego Victor Rioboo.

De igual modo están moi avanzados os trámites para a homologación en O Barco de dous circuitos en ruta de 10K. e 5K. así como un de 10K. no Concello de A Rúa o que dotará a esta Delegación de importantes infraestructuras para continuar levando a cabo eventos destas características.

XXXVI G.P. Cantones de Marcha Atlética. Trofeo Sergio Vázquez

Todo un clásico e unha das probas máis importantes do mundo da súa modalidade, regresa fielmente ao circuito coruñés de Cantones o vindeiro 28 de maio.

Polas súas rúas veremos a partir das 17.00 horas ás mellores marchadoras e marchadores do mundo cuxa presenza prácticamente xa teñen confirmado os primeiros top de nivel mundial.

Cabe salientar que esta proba conta con numerosos galardóns de rango nacional e internacional que a nivel organizativo recoñecen a súa excelencia ao longo das súas edicións. Entre eses galardóns, cabe citar o outorgado pola World Athletics no ano 2019 e que a distingue como evento Patrimonio Mundial do Atletismo.

XVI Edición A Coruña 10

Esta proba popular que iniciou a súa andaina en 2007 e que se converteu en todo un clásico no calendario do atletismo nacional, terá a súa data máis inmediata de celebración o próximo 24 de abril.

A proba contará con premios en metálico para os primeiros clasificados e cunha gratificación para os que establezan un novo tempo récord, o que servirá de aliciente para a participación de atletas recoñecidos.

Lembramos que ainda está aberta a súa inscripción en prazo ordinario ata o 17 de abril e no extraordinario ata o 18 e 19 de abril

XI Marathon Atlántica Coruña-42 e Carreira Popular 10K

O Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo organizan o próximo 2 de outubro de 2022, o IX Maratón Atlántica Coruña42 e Carreira Popular 10K, cunha distancia homologada de 42.195 metros, incluida no calendario nacional da RFEA. Para quenes desexen tomar parte nunha distancia inferior, organizarase tamén unha carreira de 10K.

Tras a interrupción obrigada pola pandemia, a novena edición de la C42 ten xa aberto o seu prazo de inscripción ordinario ata o día 18 de setembro e extraordinario, dende o 19 ata o 25 do mesmo mes.

Compartir: