Resultados

Portugal e Canarias acollen os nacionais desta fin de semana

Dúas novas citas nacionais serán as que acaparen a nosa atención esta fin de semana nas modalidades de pista e ruta.

A primeira das proba terá lugar na localidade lusa de Faro donde se desenvolverán conxuntamente os Campionatos de España e Portugal dos 10.000 m. e dos 5.000 m. no chamado desde fai xa unhas tempadas, Trofeo Ibérico.

A esta cita acuden un total de dez das nosas atletas entre cuxa presenza destaca a participación da internacional Esther Navarrete quen recentemente lograba o récord galego dos 10 Km. en ruta cun rexistro de 32:40.

Outra das atletas importantes será a subcampioa de España Sub20 de pista cuberta nos 3.000 m. Antía Castro do Ourense Atletismo quen estará tomando parte nos 5.000 m. Especial atención novamente á plusmarquista e campioa nacional de pista cuberta e campo a través Xela Martínez da Atlética Lucense a quen veremos competir na distancia dos 5.000 m. Sub18.

A ruta viaxa ás illas Canarias

As localidade de Breña Baja nas illas Canarias pola súa banda, dará acollida ao Campionato de España de milla en ruta a onde acuden tres atletas galegos

Na categoría máster tanto o campión de Europa dos 3.000 Nemesio Gutiérrez do Atletismo Friol como o medallista de bronce nos mesmos campionatos continentais dos 800 m. Amador Pena do S.D. Compostela, estarán na lista de saída xunto a otros 36 atletas na procura dun novo metal que engadir ao seus palmarés.

Por último, papel de favorita na categoría absoluta para a finalista Sub23 do pasado nacional indoor dos 800 m. en Salamanca Raquel Meaños do Valencia Atletismo.

   

Compartir: