Ourense e Pontevedra centraron o calendario na fin de semana

Un total de cinco campionatos de Galicia foron os que se viñeron disputando durante esta fin de semana en Ourense e Pontevedra e que practicamente poñen o peche a tempada de inverno.

Para comezar Ourense recibiría a disputa dos Campionatos Xunta de Galicia Sub10 Sub12 e Sub14; Xunta de Galicia de clubs máster e Xunta de Galicia Máster de Marcha en pista cuberta. 

Na primeira proba, as categorías base do atletismo galego tiveron a súa gran festa deportiva na que un importante número de atletas achegados de todas as Escolas e Clubs galegos poideron compitir nas súas respectivas probas.

A nivel xeral víronse excelentes actuacións e un importante número de nenos tomando parte entre os cales salientamos as actuacións na categoría Sub12 de Martín Otero do Pinarium tanto 500 m.como no concurso de altura. Na categoría Sub14  lográbanse as mellores marcas galegas de Aaron Pérez do ADAS CUPA no triplo; de Hugo Casañas do Rías Baixas en peso; Jimena Outes do Coruña Comarca nos 500 m.e de Danila Vega do Riazor Coruña nos 60 valos

Campionato Xunta de Galicia de Marcha Máster en Pista Cuberta

Na cita autonómica máster  salientamos  os rexistros sobre os 3.000 Juan Manuel Morales do Marineda na categorías M40 con 12:20.98 e de María Emilia Rodríguez do Trega quen facía o propio con 16:03.85 na W45.

Campionato Xunta de Galicia de clubs máster

O Club Atletismo Sada na categoría femenina e o Club Atletismo Narón na masculina, proclamáronse campións da IV Copa de Clubs Xunta de Galicia disputado en Expourense o pasado domingo 13 de marzo. Xunto a os clubs gañadores estiveron no podio o Samertolameu e Atletismo Narón na categoría feminina así como o Samertolameu e Atletismo Santiago na masculina

Nesta edición, na que interviron un total de 13 equipos, o máis salientable foron os recórds de Galicia M60 de José Fernández Sangiao do Verxel Nutrición sobre os 400 m. con 1:00.57 e o W45 de Marta García do Samertolameu en triplo con 9.67 m.

Campionatos Xunta de Galicia de Lanzamentos Longos máster e Campionatos Sub16/Sub18 e Sub20

En Pontevedra podemos apreciar os campionatos Xunta de Galicia  de lanzamentos Longos na categoría máster e Sub16/Sub18/Sub20

O máis sobresainte na categoría Sub16 foron os 46.52 m. e 42.11 dos Célticos Xaido Nimo e Marta Hermida  en martelo, así como os 36.29 de Lara Iglesias do Samertolameu en xavelina.

Na categoría Sub18 Blanca Pereira lanzaba o martelo ata uns excelentes 60.74 m.polos 51.28 de Hugo Fernández do Atletismo Sada. Na xavelina 53.34 m. para Daniel Loureiro de A Silva

Por último na categoría Sub20 Erik Méndez do Celta lograba no martelo a súa MMT con 62.78 polos 42.84 de Nicolás Ortega do Atletismo Sada en disco e os 57.44 de Pedro Fidaku do AVA en xavelina. Nas mulleres Paula Piñón do Celta mandaba o disco ata os 36.02 e a xavelina ata os 37.78 polos 46.83 de Marta Neira en martelo.

Na categoría máster bós os 50.70 m. de Carlos Almudí do Narón na M45 de martelo así como os 36.47 de Loreto Brea da Gimnástica sobre a mesma modalidade na W45

Compartir: