O autonómico Sub16 deixou rexistros interesantes

Expourense viviu esta fin de semana o desenvolvemento do Campionato Xunta de Galicia Sub16 no que se pudieron presenciar excelentes resultados.

O máis interesante estivo na proba dos 600 m. na que o atleta do Coruña Comarca Daniel Salgueiro lograba estabrecer un novo récord galego con 1:24.53 que o sitúan de segundo no ranking nacional. A prata foi para Hugo Couñago da A.D.Car quen remataba cuns tamén salientables 1:26.81. Na categoría femenina Celia Castro do A.A. Mazí colgábase os ouros tanto nos 60 m. con 7.96, como nos 600 m. con 1:37.62 logrando en ambos casos notorios rexistros.

Seguindo cas probas de medio fodo e fondo, compre destacar tanto os rexistros de Amparo Corredoira nos 1.000 m. con 2:59.33 como de Asheber Díaz da Agrupación Viguesa con 2:42.60. Xa nos 3.000 m. o protagonismo correspondeu para o lucense do Lucus Teo de Frutos quen remataba a proba co campionato de Galicia e cun tempo oficial 9:15.48.

Sobre os valos, bo rexistro para Leo Rodríguez do Samertolameu que remataba en 8.91 sendo o protagonismo nos saltos para o campión galego Enrique Polo do C.A.Sada en pértega con 3.20 m. polos 12.08 m. no concurso de triplo para o barbanzán Enzo López. Antón Cillero do Riazor Coruña pola súa banda, facíase cos títulos autonómicos tanto dos 60 m. como dos 300 m.

Xa por último no Campionato Xunta de Galicia Sub16 de probas combinadas os títulos desta edición foron parar a Celia Fernández do Riazor Coruña con 3.142 puntos e a Nicolás Quiñones da S. Gimnástica con 3.113 p.

Compartir: