Resultados

Catro medallas no nacional de marcha de inverno e un récord absoluto

Esta fin de semana na localidade madrileña de Getafe a marcha galega de promoción e máster tomaría parte na disputa do Campionato de España en Ruta de inverno.

O máis salientable foron as catro medallas logradas polos nosos marchadores e marchadoras entre as que destacan as colleitadas na proba dos 5 km. Sub16 onde a xoven promesa da Atlética Lucense Olekksandra Kostenko proclamábase campioa de España logo de marcar un rexistro de 14:00. Nesa mesma proba o bronce foi para Aldara Meilán a doce segundos da súa compañeira de club. Excelente campionato de Pablo Sánchez quen lograba a cuarta posición na categoría masculina

Na categoría Sub 20 o terceiro metal para as galegas foi o protagonizado por Alba Pérez do Atletismo Negreira quen lograba o bronce cun rexistro de 24:33. Salomé Segade do Millaraio na categoría Sub18 e Rita Vázquez do Ourense Atletismo na Sub20 remataban en postos de finalistas.

Nas categorías máster novamente un Juan Morales del Castillo do Marineda lograba o primeiro lugar na categoría M40 onde parece no ter rival a nivel nacional e moi poucos a nivel internacional. Manuel Polo do Narón na M45 así como Emilia Rodríguez na F45 conseguían as medallas de prata nas súas respectivas categorías nesta campionato nacional de inverno.

Extraordinario Récord galego absoluto para Carmen Escaríz

A outra das protagonistas da xornada foi Carmen Escaríz do Ourense Atletismo quen plenamente reintegrada ás esixencias da alta competición, está rematando este 2021 dunha maneira formidable. En Getafe, e durante a proba do Trofeo Marca AD Cerro Buenavista disputada paralelamente ao campionato nacional, lograba un extraordinario rexistro de 45:26 que mellora a anterior plusmarca galega de Lorena Luaces lograda no 2011 en nada menos que en 52 segundos e que a colocan novamente ( xa fora internacional no campionato do mundo por equipos no ano 2106 en Roma) na elite nacional.

Compartir: