Resultados

O Concello de Friol, cos seus atletas

Este sábado día 4 de decembro, foron recibidos na Casa do Concello de Friol polo su Alcalde José A. Santos os máis destacados atletas da vila

María Carballido, Cristian Montecelo e Nerea e Adrián Lage, os catro veciños de do Concello, veñen de disputar fai uns días, o Campionato de España absoluto de campo a través por clubs en relevos mixtos, celebrado no Conxunto Arqueolóxico de Itálica, en Santiponce (Sevilla).

Lograron o posto dazanove nunha competición moi dura e disputada polo cal dende o Concello quixeron amosar o seu recoñecemento á entrega e exemplo dos seus atletas.

O Equipo de Goberno considera necesario seguir apoiando ao deporte en xeral, e ao Club Atletismo Friol e estes grandes atletas en particular, pola súa gran traxectoria ao longo de todos estes anos.

Estes catro atletas friolenses, levan xa dez anos practicando atletismo. Como ben di o seu mentor e adestrador, Felipe Barata “unha década de amizade, de sinsabores, dalgún que outro triunfo, pero sempre desfrutando dun deporte que xa forma parte das súas vidas. Agora xa son atletas con carné de autenticidade, pero por encima de todo son un EQUIPO”.

O Alcalde móstrábase orgulloso destes rapaces e rapazas, destacando a importancia do fomento do deporte para manter unha boa saúde físico e mental, e onde tamén “é moi importante que os máis novos teñan como referentes a estes mozos e mozas, que son veciños de Friol, e que están logrando tantos éxitos no atletismo autonómico e nacional, e todo o que está por chegarlles. E todo conseguido con esforzo, traballo e sacrificio, valores que se precisan tamén para a vida diaria”.

Compartir: