A FGA tomará parte no IV Salón do Deporte e Turismo Activo

A FGA ao igual que fixera outros anos, tomará parte nesta edición no IV Saloón do Deporte e Turismo Activo

O evento pasa por ser un dos maiores escaparates do deporte a nivel autonómico e estatal, está destinado a todos os públicos, tanto para deportistas, aficcioadas ou principiantes, como para os maiores ou nenos e nenas. Os visitantes atoparán no salón, un lugar en donde poderán contactar co deporte en todas as súas facetas.

O turismo deportivo é, xunto coa paisaxe e a gastronomía, unha das principais motivacións que atraen turistas a Galicia, unha comunidade que ten un gran potencial en ambos eidos. Sportur Galicia, Salón do Deporte e Turismo Activo terá o obxectivo de posicionar a Galicia como destino activo contribuíndo así á desestacionalización do turismo achegando visitantes de proximidade á nosa comunidade a través do deporte e contando ademais coa vantaxe de que os recursos naturais están repartidos por todo o territorio galego. A cuarta edición deste salón celebrarase os días 19 e 20 de novembro de 2021 en Expourense e servirá de antesala para o gran Congreso Internacional de Turismo Deportivo que a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia organiza para o mes de xuño de 2022 e que se celebrará no recinto feiral ourensán.

A Federación Galega de Atletismo promocionará neste evento as súas actividades e oferta deportiva oficial, que supoñen un gran reclamo tanto a nivel galego como estatal, para todos aqueles que desexen achegarse ao noso deporte a través de cada unha das súas modalidades e niveis.

 

Compartir: