No día de hoxe tivo lugar no Concello da Coruña a presentación oficial da XV Carreira Popular Coruña-10 do vindeiro dia 3 de Outubro
A proba que forma parte do amplo calendario de probas atléticas desenvoltas na cidade (G.P. Internacional de Marcha Cantones; Coruña-10; Coruña-21; Coruña-42 e Circuito de carreiras Populares Coruña-Corre) continúa a recuperar toda a normalidade que as actuais circunstancias permiten, como xa se puido comprobar na exitosa edición do Gran Premio Internacional de Marcha Cantones da Coruña desenvolto o pasado día 5 de xuño.
Falar hoxe en día de Coruña-10, é falar dunha das probas máis importantes do calendario nacional na súa modalidade. Cada ano milleiros de atletas xúntanse nas rúas coruñesas, para disfrutar tanto da calidade organizativa como da singularidade do circuito que o converten nun dos máis expectaculares pola súa contorna paisaxística.
Para esta edición, as medidas de seguridade marcarán o desenvolvemento da proba que obrigará entre outras, a saídas escalonadas e a restrinxir a participación ata un número máximo de 1.000 atletas
Inscripcións agotadas en apenas unas horas
O pasado día 26 de agosto, abríase o prazo de inscripcións a través da plataforma habilitada en carreiras gelegas, onde en pouco máis de tres horas, completábase o cupo de participación. Segundo a organización ¨Estamos a notar unha importante demanda tanto competitiva como formativa do atletismo na nosa cidade nos últimos meses, o que nos motiva a seguir traballando para cubrir toda esa importante demanda¨
Cambios importantes
Uns dos cambios importantes cos que contará esta edición será o que afecte ao circuito xa que a diferencia doutros anos, cambiará ostensiblemente a súa configuración habitual para pasar a desenvolverse por dentro do recinto portuario o que segundo a Concelleira de Deportes Mónica Martínez ¨Atende a unha vella aspiración que fará gañar en calidade a esta proba¨ De igual modo a edil de deportes destacaba a aposta que este ano se fai co deporte inclusivo na que tomarán parte atletas con distintos graos de discapacidade física e cognitiva.
Pola súa banda o presidente da FGA Isidoro Hornillos amosaba a súa satisfación ca volta do pedestrismo ás principais vilas galegas ¨É unha enorme satisfación para nós comprobar como pouco a pouco as rúas volven a rebulir con centos de persoas desexosas de tomar parte nas distintas probas atléticas, que como esta de Coruña10, estaban sendo agardadas con moitísimo entusiasmo¨ De igual modo o ex-olímpico falaba da obrigada novidade en canto as saídas ¨Nas que serán por quendas de dez en dez en grupos espacidos no tempo¨
Ampliación do prazo de inscripcións
Unha das novas máis salientables anunciadas no día de hoxe, é a de que se abrirá unha inscripción extraordinaria a un número de catrocentas prazas máis logo do visto bó das autoridades administratrivas competentes. Por elo habilítarase un prazo de inscripcións en Carreiras Galegas o vindeiro luns día 6 a partir das 22.00 horas da noite.