Resultados

A FGA pon a disposición un anteproxecto de Módulo exterior de atletismo

A FGA pon ao dispor dos clubs de atletismo, núcleos de adestramento e municipios galegos un anteproxecto de Módulo Exterior de Atletismo así como un estudo de custos.

Exponse baixo as premisas de análise e control de custos de execución e do cumprimento da normativa vixente para a realización de probas oficiais de atletismo. O citado anteproxecto, inclúe unha valoración estimada dos custos de execución, aínda que, será no proxecto definitivo cando se estuden os custos finais, tendo en conta aspectos como a topografía e xeoloxía do terreo, servizos existentes, auga, luz, saneamento e outros.

Foi redactado por D. Roberto Pérez Manuel, Arquitecto Técnico e Enxeñeiro de Edificación, colexiado na Coruña con nº 1406, con máis de 25 anos de experiencia profesional e amplos coñecementos no ámbito do atletismo.

Todos os interesados, poderán dirixirse aos correos de Administración ou Secretaria Xeral  da FGA para solicitar o citado documento.

Compartir: