A Selección Galega absoluta viaxa a L´Hospitalet

Esta fin de semana a Selección Galega competirá fronte a un total de 23 seleccións en L´Hospitalet de Llobregat, no Campionato de España de Federacións Autonómicas, a proba máis importante a nivel estatal de todas cantas se disputan por Seleccións Autonómicas.

Baixo un formato de competición mixta imposto desde o ano pasao de maneira transitoria, pola situación sanitaria, acuden ca camisola galega un total de vinte tres atletas ao fronte dos cales estará o olímpico en Río e máis de vinte veces campión de España en lonxitude, Jean Marie Okutu quen viaxa ca terceira mellor marca dos participantes.

Xunto ao de Marín, e con ausencias importantes tales como as de Ana Peleteiro, Adrian Ben e Belén Toimil metidos de cheo na súa inminente preparación para os Xogos, estará un grupo moi equilibrado de atletas que misturan veteranía, xuventude e unha gran dose de motivación na procura de lograr o un bo resultado que aporte o maior número de puntos posibles ao casilleiro galego. Entre eles destacan a presencia de Adi Iglesias quen se atopa seleccionada para tomar parte nos Xogos Paralímpicos e quen recentemente establecía un novo récord galego absoluto dos 100 m. con 11.83.   Seguindo ca velocidade, o atleta internacional Mauro Triana acude con 10.48 deste ano sobre os 100 m. aspirando a estar nun dos postos importantes da proba. Esteban Iglesia nos 5.000 m. e Carlos Revuelta no concurso de martelo serán xunto ao relevo dos 4×100 m. quenes conten a priori con maiores opcións de estar polos postos alto das súas probas.

Na categoría femenina a aportación da venezolana Edymar Brea sobre os 3.000 m. e a da xavelinista cubana Yulenmis Aguilar (esta ca mellor marca das participantes) reforzan á selección que de igual modo contará ca presenza de Alba Cuns no concurso de triplo,  Carmen Escaríz nos 5.000 marcha  e a do relevo mixto 4×400 

O obxectivo da selección pasa por mellorar o sétimo lugar logrado o ano pasado en Ciudad Real, na que se competiría nunhas datas e unhas condicións moi extraordinarias.

 

Compartir: