Vigo recibe o Campionato Sub14 e o Máster por clubs

As pistas de Balaidos serán no día de hoxe escenario da disputa de dúas interesantes xornadas correspondentes ao Campionato de Galicia Sub14 e o Campionato de Galicia de Clubs Máster.

O primeiro dos mesmos desenvolverase en horario de mañán dando comezo ás 10.00 horas. Nel, poderemos ver aos máis importantes especialistas galegos e galegas da categoría competir na procura dun bo campionato.

Xa na xornada de tarde e a partir das 16.30 ho.,  presenciaremos o III Campionato Máster de Clubs ca presenza na categoría feminina do Atletismo Sada, Samertolameu, Atlética A Silva, Club Atletismo Narón e Club Deportivo La Purísima

Por parte masculina estarán presentes o Club Atletismo Narón,Club Atletismo Sada, Marineda Atlético,Ourense Atletismo, Club Atletismo Santiago, Sanmertolameu, Atlética A Silva e Beade.

Compartir: