Resultados

O bo tempo sumouse á festa nos campionatos máster e Sub20/23

Intensa xornada a vivida novamente nas pistas do CGTD de Pontevedra durante a disputa dos Campionatos de Galicia dos 3.000 Sub20 e Sub23 e Campionato de fondo e medio fondo máster.

As probas correspondentes ás que non se poideron disputar nos seus respectivos campionatos de pista cuberta por motivos de seguridade, contaron cun moita afluencia de participantes o que traería consigo o desenvolvemento de gran cantidad de series en cada unha das carreiras.

Campionato de Galicia Sub20 e Sub23 dos 3.000 m.

O Campionato de Galicia dos 3.000 m. Sub20 resultaría bastante emocionante. Na categoría masculina, Carlos López de A Gándara con 8:49.49 mantivo un intenso man a man con Iker González da Atlética Lucense a quen lle quitaría dazanove centésimas cas que lograba o título galego. Nas mulleres resultou tamén moi disputada esta proba con triunfo final para Branca Fernández do San Miguel de Marín con 10.45.59 polos 10:46.07 de Paula de la Torre da Gimnástica e os 10:46.54 de Carmen Martínez de A Gándara

Na categoría Sub23 triunfos claros para María Cedrón de A Gándara con 10:28.57 e para Jorge González do Atletismo Narón quen baixaría dos nove minutos, cun rexistro oficial de 8:52.11.

Gran presenza de atletas máster no seu autonómico

Paralelamente á disputa dos Sub20 e Sub23 desenvolvíase o Campionato máster de fondo e medio fondo baixo unha inmellorable climatoloxía  para a competición.

Na marcha máster, excelentes resultados tanto de Juan Morales del Castillo do Marineda como de Emilia Rodríguez do Trega. O internacional e campión de Europa M40, volvería a estebrecer un novo récord de Galicia sobre a proba dos 3.000 marcha cun rexistro de 12:20.91. Igual de excelente resultaría a proba de Emilia quen cun tempo de 16:02.64 rebaixaba en nada menos que en máis de dous minutos e medio a anterior plusmarca galega F45.

Seguindo co apartado de récords galegos batidos, cabe salientar o logrado por José Manuel Sangiao na proba dos 400 m. M60 cun crono de 1:01.77 rebaixando os 1:02.30 vixentes desde o ano 2017.

Inés Papín do Atletismo Sada completaba a proba dos 3.000 m. cun bo rexistro na F50 de 11:09.03. Nesta mesma proba destacado foi o rexistro do atleta do Universidade de Santiago Xosé Lois Otero Cepeda con 10:57.48 na M70

Por último récord galego F70 para a incombustible María Luisa Armesto do C.A. Sada. A coruñesa da categoría F70, era quen de parar o reloxo nuns meritorios 1:38.42 sobre os 400 m.

O campionato de Galicia remataba ca presenza de Julia Vaquero sobre o podio dos 3.000 m. na categoría F50, logrando deste xeito seu primeiro metal autonómico despois do seu regreso, en concreto o de bronce.

Foto dos 3.000 m. feminino Sub20 de Fotocarlosgrafias

Compartir: