A partir do 01/03/2021 nova aplicación para a reserva de adestramentos na Pista Cuberta de Ourense. Reservas de grupos e individuais.

Galicia calidade para o nacional absoluto de pista cuberta

Seis serán as atletas galegas e galegos que tomen parte na disputa do Campionato de España absoluto de pista cuberta que durante os días 19, 20 e 21 de febreiro desenvolveranse nas pistas madrileñas de Gallur.

As restricións ao número de participantes polas medidas Covid19 fai que a esta edición só acudan un total de 301 atletas cuxos obxectivos e metas pasarán na gran maioria pola realización dun bó campionato que lles permita acadar e satisfacer os seus obxectivos. Entre un grupo moi selecto dos mesmos atópanse quenes están na loita polas medallas e quenes aspiran de igual modo a lograr a mínima de participación para o Campionato de Europa baixo teito que terá lugar na cidade polaca de Torún a principio do mes de marzo.

Con ausencias destacadas, Galicia acude con varios dos líderes nacionais do momento nas súas modalidades entre as que se atópa Belén Toimil, unha das atletas máis en forma do sector de lanzamentos a nivel nacional. A mundialista mugardesa aspira ao título nacional que escapara o ano pasado en Ourense, malia que o máis importante será comprobar ata donde é capaz de lanzar logo da fantástica progresión deste ano que a fixeron lanzar ata os 17.86 m. mellorando en 52 cm. a súa MMP.

Ana Peleteiro será sen dúbida a gran favorita sobre o foso de triplo ao que acude na defensa do seu título do ano pasado cun rexistro de 13.89 m. Esta cita será un excelente test para comprobar como marcha a súa preparación cara ese gran obxectivo olímpico do presente ano.

No mesma modalidade estará o recente e flamante subcampión de España Sub23 de pista cuberta Alex Barreiro, quen chega a Madrid nun sensacional estado forma logo de lograr precisamente en Valencia a súa MMP de 15.09 m. ca que intentará estar nos postos importantes da proba.

Sen abandonar o foso de area, na categoría masculina o vixente campión nacional Jean Marie Okutu loitará por lograr nada menos que o seu título nacional número seis e ampliar así o seu xa impresionante palmarés. O saltador olímpico figura este ano cun rexistro de 7.77 m.,  a tres centímetros do líder do ano Daniel Solís

Seguindo na categoría masculina, o finalista mundial Adri Ben debutará esta tempada nos 800 m. nunha difícil proba na que ademáis das medallas en xogo está a selección dos tres atletas que representen a España nos europeos de Polonia. Será do máis interesante do campionato a loita que manteña o galego con quen encabeza o ranking do ano, o madrileño Mariano García que acredita 1:46.86

Por último a venezolana, pero con ficha por Galicia Nediam Nory Vargas, tomará parte na proba de pentahlon onde o ano pasado lograba un posto de finalista quedando ás portas dos catro mil puntos e cuxa puntuación aspira a rebasar neste cita.

Foto: Jean Marie Okutu de Fotocarlosgrafias.com

Compartir: