Listas de saída – Resultados en directo – Streaming – 13/06/2021

Antía, Iria e Dani, á cabeza da expedición galega no nacional de marcha en ruta

A incorporación progresiva dos 35 km. marcha que sustituirá este ano aos 50 km. será unha das novidades salientables do Campionato de España de Marcha en ruta que acontecerá en Sevilla esta fin de semana a onde acudirán preto de douscentos atletas dos cales cinco serán da nosa Comunidade

Na proba dos 35 km. en ruta tomarán parte a internacional e campioa de España dos 10.000 m. Antía Chamosa da Gimnástica quen intentará ampliar o seu importante palmarés nunha proba na que debuta e onde a súa última referencia en distancias longas remóntase ao ano 2019 sobre os 50 km. A internacional Sub23 Iria Rivas do Ria Ferrol, é outra das marchadoras que dan o salto a esta distancia, sendo seu obxectivo facer uns bos rexistros de paso e acumular metros na alta competición.

Dani Chamosa da Gimnástica volve a repetir sobre a máxima distancia do calendario atlético logo da súa experiencia do 2019. O campión galego absoluto seguirá intentando recuperar neste test as mesmas sensacións que lle permitiron no ano 2016 ser internacional mundialista Sub20.

Na categoría Sub 18 contaremos ca presencia sobre os 10 km. de María Aboy do Cuntis finalista no galego absoluto dos 5 km. do 2019 na categoría Sub16.

Por último na categoría Sub16 e sobre os 5 km. participación do medallista de bronce nos campionatos galegos Sub14 do ano 2020,  Jorge Espiño do Atletismo Cuntis.

Compartir: