Resultados en directo  

Fin de semana de combinadas, canteira e controis

Esta pasada fin de semana viviuse nas pistas do CGTD de Pontevedra unha importante xornada atlética na que se desenvolveron os Campionatos de Galicia de Probas combinadas por clubs, as probas de medio fondo e fondo correspondentes do galego Sub10, Sub12 e Sub14 e a disputa de dous controis de probas FGA.

No galego de combinadas os triunfos corresponderon tanto ao Atletismo Femenino Celta con 9.616 puntos na categoría femenina como a Escola Atlética Lucense na categoría masculina con 10.043 puntos. Xunto aos clubs gañadores estarían compartindo podio A Silva e Gimnástica así como Gimnástica e Rías Baixas respectivamente.

A nivel individual o máis destacado foron os 3.834 puntos de Nediam Nori Vargas do Playas de Castellón e os 4291 puntos de Aitor Fernández do Atletismo Narón

A xornada que contaría cunha importante presenza de participantes vería a actuación nas probas de medio fondo e fondo do máis destacado da actual canteira galega, cuxas gañadoras e gañadores serían as seguintes:

Categoría Sub10

  • 500 m. Emma Collazo (A.V.Cangas) con 1:37.93 e Martín Otero (CD Pinarium) con 1:29.04
  • 1000 m. Lara Fernández (RIA Ferrol) con 3:39.15 e Pablo Barreiro (Pinarium) con 3:22.52

Categoría Sub12

  • 500 m. Carmen Grandal (RIA Ferrol) 1:26.82 e Martín Rodríguez (R.C.Celta) 1:25.40
  • 1000 m. Sabela Castro (A.V.Cangas) con 3:08.34 e Hugo Collazo (A.V.Cangas) con 3:11.09

Categoría Sub14

  • 500 m. Celia Castelo (Cambados) con 1:20.89 e Daniel Salgueiro (Coruña Comarca) con 1:12.75
  • 1000 m. Candel Sánchez (S.M.Marín) con 3:05.54 e Damián Suárez (C.N.Cedeira) con 2:52.79
  • 2000 m. Elisa Morgado (Trega) con 7:10.66 e Teo de Frutos (Lucus Caixa Rural) 6:25.29

 

 

Compartir: