O equipo masculino Sub14 do Atletismo Millaraio tomará parte esta fin de semana no Campionato de España Sub14 por conxuntos no municipio malagueño de Nerja.
A formación santiaguesa, que acude por sétima vez consecutiva a esta cita, achégase como único representante galego ca intención de acumular experiencias positivas e na medida do posible, repetir o excelente resultado acadado no 2018 en Guadalajara que os levaría ata unha formidable sexta posición.
De todo elo encargaranse os responsables da entidade que irán ao fronte dun importante equipo formado por Adrián Sesar, David Moreno, Jorge García, Nadir Moreira, Nuno Castro, Pablo Cariñena e Pablo Leiva, completando o equipo Alejandro González, do club filial Atlética a A Silva.