Resultados

Un campionato máster de reencontros

Importante edición a que se viviu no día de onte nas pistas do CGTD de Pontevedra onde se deron cita un importante número de atletas da categoría máster para tomar parte no seu campionato autonómico

Se houbera que poñer un par de calificativos a este campionato serían sen lugar a dúbidas o da ilusión e as gañas que en todo momento acompañaría ao excelente ambientazo que se viviu na capital pontevedresa no día de onte. Notábase de manera moi palpable as gañas que había por volver a competición e a recuperar unha certa normalidade malia ás estritas medidas de seguridade que o Comite Covid se encargaría de facer cumplir ao longo da xornada.

A nivel de resultados sen dúbidas o máis salientable foi récord de España F60 acadado pola atleta de A Silva,  Ana Abuin quen no concurso de martelo pesado lanzaría ata os 11.67 m. mellorando en máis dun metro a anterior plusmarca nacional. Especial significado ten o feito de que as condicións climatolóxicas foran adversas, o que pon de manifesto a marxe de mellora que ten esta marca.

No tocante a rexistros importantes citar os récords galegos de:

  • M65. José Bao do ADAS Proinor nos 100 m. con 14.08 e Fernando González do ADAS Proinor nos 200 m. con 30.32
  • W60. Ana Abuin de A Silva en martelo con 26.65 m. e martelo pesado con 11.67 (Récord de España)
  • M.50. Marta Sureda do LUCUS CRG en disco con 26.74 m.
  • M45. Basi Bernárdez de A Silva con 5.87 m. en lonxitude (iguala plusmarca) e Fran Guzmán do A.Santiago en peso con 13.26 m.
  • M40. Ignacio Fernández do P. de Jandia en martelo pesado con 16.24 m.

A presenza de atletas de nivel internacional, daría máis categoría a esta cita na que algunhas das actuacións máis notorias correrían a cargo dos/das seguintes atletas:

Ana Abuin F60  da Atlética A Silva, campioa galega nas probas de disco con 19.70 m., martelo con 26.65 m. e martelo pesado con 11.67 m.(RE); Xulio Ventín M55 da Gimnástica nas probas de disco con 32.92 m., martelo con 38.41 m. e martelo pesado con 12.63; Luis Cores M60 da A.A Mazí nos 100 m. con 15.13, 200 m. con 31.68 m. e na lonxitude con 4.16 m.; Carlos Ferrer M60 do Atletismo Narón en disco con 38.01m., martelo con 39.04 m. e  martelo pesado con 13.42 m.; José Manuel Almudí M75 do ADAS Proinor en peso con 23.50 m., martelo con 28.44 m. e martelo pesado con 10.74 m.; Manuel Rodríguez M70 do Real Club Celta en disco con 29.65 m., peso con 9.16 m. e martelo pesado con 11.95 m.

Actuacións salientables tamén para Goretti Díaz F40 do Samertolameu nos 100 m.con 13.83 e nos 200 m. con 28.38; Juan Caamaño do Marineda, campión galego M50 nos 100 m.con 12.53 e nos 200 con 26.03; Basi Bernárdez M45 da A. Silva en lonxitude con 5.87 e triplo con 12.18 m.; Elena Sierra F55 do Atletismo Sada nos 100 m. con 16.20 e na lonxitude con 3.54 m. ; Santiago Dapena M35 do A. Estrada nos 200 con 25.81 e nos 400 con 56.13;  Esther Pedrosa F55 do Playas de Castellón nos 400 m. con 1:11.60 e nos 1.500 m. con 5:14.08; Luis Campos M55 do ADAS Proinor nos 100 m. con 13.29 e nos 200 m. con 27.48; Cristina Estévez F40 do A.F. Celta nos 800 m. con 2:35.28 e na altura con 1.31;Sergio Herreira M40 do Ourense Atletismo en lonxitude con 5.16 m.  e triplo con 11.62 m.; Juan Luis Paz M45 do Marineda en altura con 1.53 m. e 110 valos 18.65; Rubén Eiriz M40 do Marineda  nos 200 m. con 26.06 e nos 400 con 56.15; Pablo Fervenza M65 do Samertolameu nos 800 m. con 2:47.19 e nos 1.500 m. con 5:32.23; María Elisa Paz F60 do A.Sada nos 400 m. con 1:27.07 e nos 1.500 m. con 6:27.12; Antonio Hernández M70 La Mochila 800 m. con 3:30.90 e 1.500 m. con 6:52.70; María de los Angeles Rodríguez F60 da Atlética A Silva en peso con 6.93 m. e xavelina con   11.67;  Juan Manuel Bello M50 en altura con 1.53 e lonxitude con 5.07 m.; Javier Viteri M55 do Ourense Atletismo en Peso con 10.27 m. e xavelina con 37.51 m.; Irene Fernández F45 do Atletismo Narón en martelo con 24.42 m. e martelo pesado con 7.15 m.; Jose Pena M35 do Atletismo Narón nos 100 m. con 11.81 e na lonxitude con 5.94 m.. Marta Sureda F50 do Lucus Caixa Rural en disco con 26.74 m. e martelo con 30.32 m.; Fran Guzmán M45 do Atletismo Santiago en peso con 13.25 m. e disco con 45.32 m.; Helena Rey F45 da Gimnástica en Peso con 9.00 m.e disco con 24.38 m.; Victor José Méndez M40 do A.Rías Baixas en Peso con 8.47 m. e disco con 26.67 m.;, Carlos Almudí M45 do Durango Kirol em martelo con 49.90m. e martelo pesado con 13.88 m., Nacho Fernández M40 do Playas de Jandía en martelo con 55.09 m. e martelo pesado con 16.24

Resultados

 

Compartir: