Resultados  21-22/05/2022

Galicia ocupa a sétima posición no Torneo de Federacións

Galicia ocuparía a sétima posición no Campionato de España por Federacións Autonómicas que se desenvolvería no día de onte na cidade manchega de Ciudad Real.

A cita estaría caracterizado polas medidas de seguridade adoptadas que pasarían pola ausencia de público e onde tanto as mascaras, os xeles, o distanciamento e a toma de temperatura sería constante ao longo do mesmo.

No apartado estritamente deportivo Castela e León proclamaríase campióna por primeira vez na súa historia deste torneo ocupando a nosa comunidade postos de finalista, o cal, e tendo en conta os infortunios sucedidos tanto na pértega como nos 4×100 m., pódese considerar como salientable

Polo demais, o mais destacado foi a vitoria de Saleta Fernández no concurso de altura onde a monfortina volvería estar nos 1.80 que reportarían á Selección uns bos 12 puntos. A atleta francesa con licenza galega Alice Marie Genevieve, que viña de proclamarse recentemente campioa nacional de Francia nos 3.000 obstáculos, reportaría o segundo triunfo sobre a mesma distancia cun excelente rexistro de 9:51.10 que supón a mellor marca dos campionatos.

Destacada tamén a segunda posición da campioa de España e mundialista Belén Toimil que nesta ocasión tería que ceder ante Ursula Ruiz o triunfo con 16.32. Irene Gómez de igual modo ocuparía unha destacado cuarta posición no concurso de martelo con 52.68 m.

O resto de actuación quedaría da siguiente maneira:

Ainhoha Raparaz, 8ª nos 100 m. con 12.54/Pedro Juncal, 7º nos 200 m. con 21.93/ Eugenia Gil, 9º nos 400 m. con 57.88/  Elian Numa, 7º nos 800 con 1:52.48/ Angharad Davies, 7ª nos 1.500 con 4:33.86/ Carlos Porto, 8º nos 3.000 m. con 8:30.14/ Marta Casanova, 9ª en los 5.000 m. con 18:06.05/ Miguel Pérez, 6º nos 110 valos con 14.67/Belén García, 6ª nos 400 valos con 1:03.06/ Alexandre Barreiro, 5º no triplo con 14.77 m/Fran Guzmán, 6º en disco con 46.86/ Jonathan Correa, 8º en xavelina con 52.71/ Dani Chamosa, 6º en 5.000 marcha con 20:47.45/ 4×100 mixto, 12º con 1:02.98/ 4×400 mixto., 6ª con 3:36.31

Resultados

Compartir: