Resultados

Protocolos e calendario buscan a súa aprobación

Hoxe reuniranse telemáticamente os membros da Xunta Directiva e Comisión Delegada da Federación Galega de Atletismo

Entre a axenda de asuntos a tratar está o de someter a aprobación o protocolo de actuación fronte o COVID19 que elaborou recentemente a Federación e que deberá ser remitido a Xunta de Galicia. En relación a este asunto na xuntanza de hoxe, crearase una comisión de seguimento cuxa función será a de manter actualizado o citado documento en base as normativas e evolución que vaia experimentando a situación pandémica.

Continuando ca Xunta de Galicia e os protocolos, a administración pública elaboraría un documento no que tomaría parte xunto a Federación Galega de Atletismo, as 57 Federacións deportivas restantes, completando un total de 300 especialidades e cuxa finalidade pretende tanto identificar situacións de risco e contaxio, como como xerar confianza nos deportistas e no seu entorno entre otras medidas.

Outro tema moi importante a tratar no día de hoxe, será o da elaboración tanto das sedes como a dos distintos Campionatos de Galicia que se levarán a cabo neste 2020 logo de que no día de onte se xuntara a comisión de clubs

Compartir: