Resultados

Cada atleta federada/o galega/o contará cunha licenza dixital

A Federación Galega de Atletismo no día de hoxe, e en base a dar resposta as novas informacións e medidas anunciadas polo Goberno do Estado no tocante a desescalada do Estado de Alerta, acaba de solicitar a Real Federación Española de Atletismo a tramitación de licenzas en formato dixital que acrediten a condición de federados na presente tempada.

Desta medida, que non entraña ningún tipo de custo, poderanse aproveitar todos os estamentos do noso atletismo (atletas, adestradores, xuices, organizadores) que teñan a ficha tramitada na actualidade. En próximas datas recibiredes no voso correo (non fai falta solicitalo), unha licenza dixital co cal poder acreditar a vosa condición, no caso de ser requerido por exemplo, polas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

Os únicos requisitos é que a RFEA só poderá tramitar as de aquelas persoas que teñan introducido na base de datos un e-mail válido e foto, sendo importante que os clubs aseguren que estes datos están introducidos.

Lembramos de igual modo o enlace de licenzas colgado na páxina web da FGA para todos cantos estén interesados en federarse.

Compartir: