Solicitudes para formar parte do Plan Galego de Tecnificación

No día de onte remitíase o documento do Plan Galego de Tecnificación a todos os estamentos atléticos da nosa Comunidade. O documento marco que xa fora aprobado pola última Asemblea Xeral, representa segundo o presidente da FGA Isidoro Hornillos “…unha parte esencial do programa deportivo da Federación Galega e da súa política no ámbito técnico. Fundamentase sobre as etapas de detección, selección, seguimento e formación dos atletas, así como do respaldo ós/as adestradores/as galegos/as que se integren voluntariamente no mesmo”

Todos/as aqueles/as adestradores/as e clubs que desexen formar parte da estrutura do mesmo durante á tempada 2020 e acrediten ás condicións mínimas indicadas, poden remitir ás solicitudes (Anexos I, II ou III) ao correo secretaria@atletismo.gal, ata o venres 21 de febreiro de 2020.

Plan Galego de Tecnificación 2020

 

 

Compartir: