Resultados en directo

Reunión no CGTD de atletas DGAN

O vindeiro mércores 29 de xaneiro ás 19:00 h. no salón de actos do CGTD haberá unha reunión cos Deportistas Galegos de Alto Nivel (DGAN), que organiza a Secretaría Xeral para ou Deporte e a Fundación Deporte Galego.

É interesante que todos os deportistas bolseiros do CGTD coa condición de DGAN, acudan á devandita reunión. De igual modo emprazase ós adestradores do CGTD e atletas becados onde serán tratados os seguintes puntos:

  • Axudas 2019.
  • Pagamento e recomendacións fiscais
  • Calendario de axudas 2020.
  • Novo Decreto de Alto Nivel.

Por cuestións loxísticas e de espazo, é importante a confirmación de todas/os cantas/os vaian acudir no seguinte correo: secretaria@atletismo.gal

 

Compartir: