Resultados

Xuntanza informativa sobre as pistas de Balaídos

O Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia José Ramón Lete Lasa, e o Presidente da Federación Galega de Atletismo Isidoro Hornillos, celebrarán unha xuntanza informativa cos diferentes estamentos atléticos de Vigo e da súa comarca onde se explicará a situación actual da reforma das pistas de atletismo de Balaidos.

A cita informativa, terá lugar o xoves día 19 de decembro as 19.00 horas en Vigo na casa do Deporte (Rúa Fotógrafo Luis Ksado,17)

Compartir: