Resultados en directo

Un día espectacular para Adi

Espectacular a xornada vivida no día de hoxe polo atletismo galego.

Durante esta xornada de tarde a atleta do LUCUS Caixa Rural Galega Adi Iglesias, accedía á final do Campionato do Mundo na categoría visual T12 onde acabada un sensacional subcampionato cedendo tan só ante a clara favorita e plusmarquista mundial da distancia, a cubana Omara Duránd quen gañaba a final cun rexistro de 11.66. A lucense entraría na línea de meta a 33 centesímas da atleta caribeña marcando uns formidables 11.99 o que representa a terceira mellor marca galega de todos os tempos tan só superada por Virginia Villar con 11.98 e pola actual récordwoman galega Ana Peleteiro con 11.93.

Si todo esto fora pouco, a unha hora e dez minutos de terse proclamado subcampioa do mundo, a discípula de Adolfo Vila, saltaba novamente o tartán para disputar a súa eliminatoria dos 200 m. onde novamente lograría unha nova “machada” gañando a súa carreira e marcando un tempo oficial de 24.58 que representa un novo récord Absoluto e Sub23, mellorando os 24.64 establecidos pola outra Iglesias, Paula, o pasado 22 de xuño en Lugo.

Para o responsable de velocidade da FGA José Carlos Tuñas este rexistro é un dos acontecementos máis espectaculares dados a nivel de ranking  “hai que ter en conta que estamos a falar dunha atleta que só ten un 20% de visión e que acaba de facer nada menos que a terceira mellor marca na historia do atletismo galego feminino nos 100 m. e a segunda nos 200 m. (24.36 de Patricia Carballo en pista cuberta)” para Tuñas as claves están claras “é un éxito de planificación do seu adestrador Adolfo Vila quen foi capaz de chegar a este pico de forma despois dunha tempada moi longa e onde lembramos que Adi foi campioa de Galicia absoluta dos 100 m. e dos 200 m. e finalista do campionato de España. ”Outras das claves que apunta o responsable de velocidade non menos importante é “…a súa enorme capacidade de competición e de superación. É unha formidable competidora que sempre está nos momentos importantes ó cento por cento, e onde estou convencido que na final dos 200 m. todavía poderemos seguir disfrutando de máis sorpresas”.

A final dos 200 m. agarda con sabor a metal no día hoxe martes ás 18:49 horas

Compartir: