Adi e Susana no mundial de Dubai

Dende o día 2 ó 16 de Novembro está a disputarse en Dubai o Campionato do mundo de atletismo IPC (Comité Paralimpico Internacionl) ao que acoden as atletas galegas Adi Iglesias, Susana Rodriguez e o guía Celso Comesaña.

A selección española de atletismo paralímpico acode ao Mundial de Dubai con 45 deportistas e co obxectivo de superar as once medallas do último Mundial en Londres 2017 e lograr a maior cantidade de prazas para os Xogos de Tokio 2020.

Ambas atletas pertencen á modalidade de diversidade funcional visual e tomarán parte nas probas de velocidade .

O pasado 20 de xullo, durante o Campionato Galego Absoluto, Susana Rodríguez e o seu guía, Celso Comesaña, estableceron un novo récord de España na proba de 1.500 metros da clase T11 cun rexistro de 5:06.11, onde melloraron nun segundo a anterior plusmarca que tiña Maite Espinosa desde hai 22 anos. Días despois nun control de Atletismo organizado pola Federación Española de Deportes para Cegos en Segovia, Rodríguez e Comesaña cruzaron a meta do 1.500 m. en 4:58.97, de tal forma que rebaixaron o récord nacional outros sete segundos e conseguiron a marca mínima B para os Xogos Paralímpicos. Ao día seguinte, Susana converteuse na primeira atleta cega europea que baixa dos 20 minutos nos 5.000 metros, aínda que esta proba non formará parte do calendario de competición de Dubái nin de Tokio.

A polifacética galega iniciou a súa traxectoria deportiva no atletismo, como velocista nas probas de 100, 200 e 400 metros, aínda que levaba once anos sen competir nesta modalidade.

Con respecto á atleta do Lucus Caixa Rural Adi Iglesias, tomará parte nas probas de velocidade de 100 m., 200 m. e relevos, sendo precisamente estas mesmas distancias onde este ano conseguiría unha extaordinaria melloría que a levarían a lograr o Campionato de Galicia Absoluto en ambas. Tal éxito, permitiríaa ser seleccionada e tomar parte coa Selección Galega no Campionato de España de Federacións Autonómicas de Pamplona. A tempada redondearíaa conseguindo nos 100 m. un rexistro de 12.12 que representou unha MMP e unha mellora do Récord de España que ela mesma tiña na categoría de Discapacidade Visual T12 de 12.31.

En canto a Federación Española de Deportes de Personas con Discapacidad Física acudirá ós Emiratos con sete deportistas, entre os que sobresale a a galega pero con ficha por Madrid,  Desirée Vila quen debutará no día de hoxe no concurso de lonxitude.

Varias categorías en función dos distintos niveis

No atletismo paralímpico, os deportistas estrutúranse en cinco grandes grupos:

  • clases 11-13 (deportistas con discapacidade visual),
  • clase 20 (atletas con discapacidade intelectual),
  • clases 31-38 (participantes con parálise cerebral, da 31 á 34 en cadeira de rodas),
  • clases 40-47 (discapacitados físicos con afectación nalgunha extremidade ou con falta dela)/dela)
  • clases 51-58 (corredores en cadeira de rodas ou lanzadores que compiten sentados).

Unha T ou unha F diante do número indica se o deportista compite en eventos de pista (carreiras e saltos) ou de campo (lanzamentos).

Compartir: