Resultados –  Streaming XXXII Campionato de España Máster en Pista Cuberta

O pedestrismo marca o ritmo

Un total de sete grandes circuítos de carreiras populares pedestres son as que forman parte da ampla oferta atlética de probas en ruta contempladas no calendario oficial da FGA.

Baixo estos importantes eventos multitudinarios, atopánse patrocinando e organizando institucións oficiais como Deputacións, Concellos ou Mancomunidades que sabedoras da importancia que o deporte en xeral, e o atletismo en particular, representa tanto no tocante a hábitos e estilos de vida saudables, como a nivel de ferramenta de integración entre as distintos comarcas e áreas xeográficas, levan decididamente apostando polos mesmos nos últimos anos.

Sete imporantes circuítos 

VII Circuíto Carreiras Deputación da Coruña

É o máis extenso de todos canto se desenvolven formado por un total de 30 carreiras, que inclúen a unha terceira parte dos 90 concellos que integran a provincia coruñesa.

A primeira proba deste ano foi a correspondente ó Concello de Oroso o pasado mes de abril, faltando por disputar as dos Concellos de Cabana de Bergantiños (21 de setembro);  Ribeira (28 de Setembro);  Sada (29 de setembro);  Brión (5 de outubro);  Fisterra (13 de outubro); Ames (20 de outubro) Rianxo (1 de novembro); Negreira (10 de novembro); Boiro (1 de decembro) e Porto do Son que pechará este circuito o vindeiro 22 de decembro.

VI Circuíto Costa da Morte

Un total de dez carreiras son as que integran o VI Circuito Costa da Morte que abrangue a un total  de dez concellos. Este evento é un claro exemplo de participación, integración e cohexión entre as distintos áreas xeográficas que a través deste tipo de manifestacións deportivas, quere e consigue ser referente na provincia coruñesa.

O calendario arrincaría no mes de marzo no Concello de Camariñas e iría dando paso as probas disputadas en Vimianzo, Mazaricos, Dumbría, Zas, Cee, Muxía, Carnota, Corcubión para rematar o vindeiro día 13 de Outubro ca VI Carreira de Fisterra.

Os gañadores do ano pasado foron na proba dos 10 km Rocío Alvite e Antonio Teijido.

VII Circuíto de Coruña Corre

Na Coruña cóntase co VII Circuíto Coruña Corre composto por nove probas. A primeira disputouse o pasado mes de novembro no barrio de Novo Mesoiro logo da cal irianse desenvolvendo cronoloxicamente as citas de Los Rosales, Matogrande, Torre de Hércules, San Pedro de Visma e Oza. A día de hoxe faltan por disputar a do Ventorrillo (20 de outubro), Novo Mesoiro (03 de novembro) e a de Los Rosales (24 de Novembro) .

Teresa Castro do C.A.Noia e Anxo Castro do Miler Running Club, foron os gañadores na edición do ano 2018.

X Correndo por Ourense

A capital de As Burgas tamén conta co seu importante circuíto que leva disputándose de maneira ininterrumpida dez anos de notable éxito.

Seis probas son as que patrocina o Consello Municipal de Deportes de Ourense que botaron a andar o pasado mes maio ca proba do Vinteún. Logo da mesma chegaría a de O Couto, Centro e a da Zona Universitaria. Nas seguintes datas poderemos presenciar as da Carreira da Ponte o día 29 de setembro e a Carreira da Carballeira o 20 de outubro que pechará está edición gañada o ano pasado por Vicky Losada e Rubén Diz.

VII Corresán

O circuíto santiagués achégase este ano a VII edición da súa multitudinaria proba do Corresán.

Formado por un total de catro probas, esta importante cita dará comezo o vindeiro día 21 de setembro ca emblemática Nocturna Cidade Vella. Despóis desta fermosa proba virán o día 12 de outubro a da Ruta da Prata de Angrois; o día 3 de novembro a da Ruta dos Parques,  para rematar ca celebración da Proba do Barrio de San Pedro o día 1 de decembro.

Esther Rodríguez e Nuno Costa foron os gañadores da edición do ano pasado os cales, e xunto ó resto de premiados, poderán precisamente este venres día 20 as 20.00 horas na sala de conferencias do Edificio Cersia en San Lázaro, (Santiago de Compostela) recoller ós seus premios da Gala anual Corresán 2018.

IV Arousa Norte

Este circuito formado por catro carreiras está organizado conxuntamente polos concellos que forman parte da Mancomunidade Arousa Norte e que daría comezo o pasado día 25 de agosto en A Pobra. O resto de carreiras serán as de Riveira-Santa Uxía o 28 de setembro; a de Rianxo o día 1 de novembro, e a de Boiro o día 1 de decembro.

Tina Fernández do C.A. SAR Vermut Petroni e o recentemente tricampión continental máster Lolo Penas do Club O Pino, foron os gañadores na edición do ano pasado.

VII A Estrada Corre

O Concello pontevedrés de A Estrada organiza este 2019 VII edición do Circuito de Carreiras Populares Concello da Estrada “Corre a Estrada corre”  que agrupa a dúas das catro carreiras populares que se celebran o longo deste ano 2019 no concello estradense.

Nesta VII edición, as probas a celebrar e puntuables para o Circuito foron a VIII Nocturna Estradense disputada o pasado 22 de xuño e o IX Memorial Manuel Bergueiro que acontecerá día 13 de outubro.

Isabel Saénz e Luis Iglesias do Atletismo Arenteiro domiñaron o circuíto na edición do 2018.

Compartir: