Resultados en directo /// Recordatorio: no relativo á tramitación de licenzas enviar correo-e a xestion@atletismo.gal

Primeiro obstáculo da Primera División

Balaídos e as pistas do CGTD de Pontevedra acollerán esta fin de semana a primera xornada do Campionato Nacional de Liga de Primeira División na que toman parte catro conxuntos galegos.

Os equipos femininos da Sociedad Gimnástica de Pontevedra e do Atletismo Feminino Celta prepáranse para recibir tanto ó Universidade de León como ó Imagen FDR que xa na edición do ano pasado quedarían por diante do conxunto pontevedrés. O factor cancha será un elemento determinante para que as gimnásticas intenten evitar ese último posto do grupo con que a priori parecen contar si temos en conta a clasificación xeral do ano pasado onde acabarían na décimo segunda posición, polo quinto das leonesas e o sétimo das burgalesas. Pola súa banda o Atletismo Femenino Celta intentará, canto menos, repetir o excelente último campionato que as levaría a clasificarse para tomar parte no encontro final polo título, onde rematarían no sexto posto da xeral.

Na categoría masculina contaremos ca presencia  do Real Club Celta, quen acolle no seu recentemente remodelado Estadio de Balaídos este primeiro encontro xunto ó tamén equipo galego do Atletismo Narón. Completando o cuadrangular estará o equipo extremeño do Perceiana (CAPEX) e o asturiano do Universidad de Oviedo, descendido o ano pasado da División de Honra, que parten como favoritos para ocupar os primeiros postos deste encontro.

Por todo elo prevese unha interesante primera xornada cuxos resultados marcarán enormemente as decisivas segundas e terceiras citas onde o principal obxectivo será asegurar a permanencia dos catro formacións nesta importante liga.

Sistema de competición

A competición desenvolverase en tres xornadas ó aire libre en xornada de tarde: Nas dúas primeiras xornadas (11 de maio e 1 de xuño) os equipos distribuiranse en catro encontros cuadrangulares a dous atletas por proba clasificándose segundo os resultados destas dúas xornadas para a 3ª xornada (15 de xuño), en dous encontros octogonales (un polo título e outro pola permanencia) a un atleta por proba.
Na primeira xornada (28 de abril) disputaranse catro encontros cos equipos agrupados por estadillo e proximidade xeográfica. En cada grupo cuadrangular incluirase a un equipo clasificado entre o 1º e 4º, outro do 5º ao 8º, outro do 9º ao 12º e outro do 13º ao 16º (elixíndose os mesmos por proximidade xeográfica). O equipo clasificado en primeiro lugar de cada encontro obterá 4 puntos, o 2º clasificado tres puntos, o 3º clasificado dous puntos e o 4º clasificado un punto.

Primeira xornada do Campionato Nacional de Clubs de Honra 

Foto:Gema Figueroa

Compartir: