Resultados en directo /// Recordatorio: no relativo á tramitación de licenzas enviar correo-e a xestion@atletismo.gal

Un campionato modélico

Como de sobresainte pódese calificar o desenvolvemento do Campionato de España Máster disputado na Pista Cuberta de Ourense durante esta fin de semana tanto no organizativo como no deportivo.

Foron moitos e innumerables as felicitacións que se recibirían pola tarefa organizativa que porían en valor a gran capacidade de traballo de todo un equipo volcado co seu campionato.

Importantes resultados no deportivo

No que atinxe ás actuacións das/os nosas/os acadaríanse nada menos que un total de 88 medallas das cales 30 corresponderían a medallas de ouro, 31 a medallas de prata e 27 a medallas de bronce o que supón a consecución máis importante de medallas de toda da historia das/os atletas galegas/os nuns Campionatos de España Máster.

A maiores estableceríanse nada menos que un total de 30 novos récords de Galicia e un récord de España a cargo do atleta de Egovarros José Vicente Rioseco na proba dos 1.500 Máster 75 con 5:26.46. Importantes foron tamén os rexistros a cargo do Club Atletismo Sada no relevo Máster 55 feminino, de Esther Pedrosa nos 1.500 Máster 55 e de Rosa Sierra nos 3.000 marcha Máster 55, as cales conseguiron ademáis dos seus récords autónomicos, mellores marcas do campionato.

Resultados

Actuación Galega nos Campionatos de España Máster de Pista Cuberta de Ourense

Récords Galegos nos Campionatos de España Máster de Pista Cuberta de Ourense

Compartir: