Resultados en directo /// Recordatorio: no relativo á tramitación de licenzas enviar correo-e a xestion@atletismo.gal

Todo listo en Ourense

Todo preparado para que no día de mañá a Pista Cuberta de Ourense de comezo a cita máis importante da tempada para o atletismo galego como é a disputa do XXX Campionato de España Máster e que durante toda a fin de semana contará ca participación e asistencia do máis nutrido do panorama atlético nacional da categoría.

Ata aquí, a práctica totalidade do atletismo nacional estará presente da man dos 1.673 inscritas/os que tomarán parte, e na que todas as Comunidades , agás as Cidades Autónomas de Ceuta e Melilla, atopánse representadas.

Como dato estatístico, os atletas de maior idade inscritos son Antonio Marqués de 90 anos, quen tomará parte nas probas de 60 m. e peso, e María Luisa González de 86 quen fará o propio nos 60 m. e na altura, dándose a circunstancia de que ambos proceden do mesmo club santanderino do Atlético España de Cueto. Por parte dos atletas galegos será Antonio Cabana con 79 anos, quen cumplirá precisamente o domingo, o galego de máis idade sendo na categoría feminina Emilia Mesa con 67 quen asuma esa mesma condición.

As probas darán comezo xa na tarde do venres 8 a partir das 16:45 h. ca disputa dos valos, para dar remate na mesma tarde do domingo día 10 sobre as 14:10 h. ca disputa dos 1.000 m. de combinadas.

En canto a representación galega, que será por cantidade a segunda tras a delegación madrileña, tomarán parte un total de 303 atletas (181 homes e 122 mulleres) entre as que salientamos a presenza dos últimos medallistas no mundial de pista cuberta desenvolto en Madrid o pasado setembro: Esther Pedrosa (Playas de Castellón) quen tomará parte nas probas dos 1.500 m. e 3.000 m., Rubén Diz (Ourense Atletismo) en 1.500 m. e 3.000 m; Elías Domínguez (Miler Running Club) nos 3.000 m; Emilia Mesa (Ourense Atletismo) en 60 m., lonxitude e peso; José Santamaría (Atlética Barbanza) en 60 m. e 200 m.; Juán Manuel Morales (Marineda) nos 3.000 marcha; María Teresa Castro (C.A. Noia) nos 1.500 m. e 3.000 m.; Emma Valencia (A.F.Celta) en 60 v. e María del Carmen Novo (Lucus Caixa Rural Galega) quen tomará parte tanto nos 800 m. como nos 1.500 m.

No colectivo, o difícil reto será mellorar a actuación do pasado Campionato de España Máster desenvolto en Salamanca na que as nosas e nosos veteranos voltarían cun total de 53 medallas (21 ouros, 13 pratas e 19 bronces) así como ca consecución dun total de 17 novos récords galegos.

Relación de atletas galegas/os inscritos/as no nacional Máster Ourense 2019

Compartir: