Resultados en directo /// Recordatorio: no relativo á tramitación de licenzas enviar correo-e a xestion@atletismo.gal

Solange Pereira e Adrián Ben, á fronte da Selección Galega en Cáceres

Este domingo unha das últimas grandes citas do campo a través da tempada, xuntará no Complexo Deportivo Provincial  “El Cuartillo” de Cáceres ós participantes que disputarán o Campionato de España de Cros na que a nosa selección tomará parte con 36 atletas das categorías Sub20, Sub23 e Absoluta.

Na categoría Sub20 o combinado masculino contará ca participación do campión galego de cros desta categoría Jorge González, quen estará acompañado polo subcampión Bilal Dahmouni e o medalla de bronce Diego Alonso. Xunto eles completan o equipo, Roi Estévez, Arturo Ramos e Aldo Rey. Por parte das Sub20 estarán as seis primeiras clasificadas do campionato de Galicia á cabeza das cales se atopa a medalla de bronce nos campionatos de España da súa categoría nos 3.000 m. de pista cuberta Sara López, seguida pola internacional Lucía Sicre, Patrice Viadel, Miriam Tojeiro, Ruth Carrera e Elena Costas.

Na categoría Sub23 un potente equipo galego masculino acude con ánimos de aspirar a mellorar o oito posto do ano pasado. Estará liderado polos nosos dous internacionais Adrián Ben, gañador o ano pasado, e Tariku Novales xunto os cales se atopa o campión galego Sub23 Fernando Rial seguido polo subcampión Vicente Suárez e polos atletas David de la Fuente e Ivo Maseda.

Nas mulleres a subcampioa galega Laura Santos encabeza unha selección na que da mesma maneira tomarán parte a medalla de bronce Inés Bereijo, así como Ana Carreira e Irene Guerra.

Na categoría senior e ante a ausencia da/o campioa/ón Paula Mayobre e Antonio Serrat, a composición quedará na categoría feminina liderada pola internacional recén chegada dos europeos de Glasgow, Solange Pereira. Xunto á de Cangas competirán a medallista no galego Sandra Mosquera así como Esther Navarrete, Leti Fernández e Iria Fernández ca misión de mellorar o oitavo posto do ano pasado en Mérida.

Por último nos homes, o medalla de bronce nos galegos de cros Iván Roade encabeza unha selección que conta con Alejo Ares, Esteban Iglesias, Miguel Penedo, Alvaro Prieto, José Talavera, Antonio Gude e Antonio Teijido como integrantes.

Compartir: