Catros galegas e galegos estarán nos Europeos de Glasgow

No día de onte o seleccionador nacional, co visto bo do Director Deportivo, faría pública a selección dos 45 atletas que tomarán parte no vindeiro Campionato de Europa de atletismo que terá por escenario o Arena Commonwealth da cidade escocesa de Glasgow do 1 ó 3 de marzo.

A esta lista acuden un total de dúas atletas galegas, un galego, así como un xuíz acompañante que formarán parte da expedición oficial cuxa saída está prevista se realice o 27 de febreiro.

Ana Peleteiro quen tomará parte no concurso de triplo, é a que parte con máis serias posibilidades de acadar un podio no seu concurso xa que os seus 13.51 m. sitúana entre as claras aspirantes. Lembramos que a saltadora riveirense xa acadara o ano pasado o bronce tanto nos mundiais de pista cuberta de Birmingham, como nos europeos ó aire libre de Berlín.

Os 1.500 m. é a proba que conta con dobre representación galega ca presenza tanto Adrián Ben como Solange Pereira os cales estarán na saída da proba raíña do medio fondo.  A esta cita o lucense acude nun estado de forma excepcioal que faría que acadara un formidable décimo posto no Campionato de Europa de campo a través, así como os rexistros de 1:48.18 nos 800 m. e os 3:42.25 sobre os 1.500 m. ambos récords de galegos Sub23. O seu obxectivo será acumular experiencia na alta competición e tentar rebaixar a súa MMP .

Solange Pereira con dez internacionalidades xa coñece o que é a alta competición, acudindo a este campionato co título de campioa de europa de campo a través por relevos do pasado decembro en Tilburg e ca marca de 4:10.89 nos 1.500 m. A súa última actuación nuns europeos de pista cuberta foi no 2017 en Belgrado onde sería cuarta nas series semifinais con 4:15.09, sendo un dos seus obxectivos a mellora desa actuación.

Por último pontevedrés Eloy Bretal tamén acudirá o Campionato de Europa como xuíz acompañante da expedición oficial. Este xuíz de Nivel III, que xa actuara nos XX.OO de Barcelona 92 é o actual Presidente do Comité Galego de Xuíces.

Selección Española

Compartir: