Narón acolle unha intensa actividade nesta fin de semana

Esta fin de semana Narón dará acollida ó primeiro dos campionatos que abren a tempada 2018/2019 ca disputa do autonómico de Marcha en Pista que contará ca presencia dalgúns dos marchadores máis importantes do momento entre as que se atopa a internacional Antía Chamosa, Mar Chillón, Leyre Aramburu, Alex Novas ou as Máster Rosa Sierra e Conchi Campos entre outros.

Nesta importante cita da marcha galega que dará comezo as 10:45 horas, participarán máis de cen marchadores nas categorías de Sub10 ata a Máster.

XVII Trofeo Cidade de Narón

Da mesma maneira a xornada servirá tamén para o desenvolvemento do XVII Trofeo Cidade de Narón organizado tanto polo club como polo concello naronés. A cita, cun amplo programa de probas, dará comezo as 15:30 horas contando ca presencia destacada da internacional Lucía Sicre quen tomará parte na proba dos 400 m.

Normativa do Campionato de Galicia de Marcha en Pista

Normativa do XVII Trofeo Cidade de Narón

Compartir: